PodCast

Podcast Diario Cultural 17:30

Antonio Durán “Morris” recibe hoxe o Premio Cineuropa no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

A nosa colaboradora, Rut Balbís, fálanos sobre o encontro final de Residencias Paraíso.

Tamén entrevistamos a Noelia Gómez, autora do poemario “O xiro”.

Podcast Diario Cultural 14:45

Comeza un dos acontecementos editoriais máis relevantes de América Latina. Trátase da Feira Internacional do Libro de Guadalajara, que reúne cada ano os representantes do ámbito literario e editorial.

Podcast Diario Cultural 10:30

Celebramos o 90 aniversario do mestre das letras, Xesús Alonso Montero. Como cada mércores, falamos de teatro con Roberto Pascual.

Podcast Diario Cultural 17:30

A Fundación Eugenio Granell conmemora nestes días o que sería o 106 aniversario do artista coruñés.

Ademais, Alba Cid fálanos sobre “A vida salvaxe”, un poemario de Gonzalo Hermo que o foi galardoado co Premio Afundación 2018.

Podcast Diario Cultural 14:45

Remata o ano das letras de María Victoria Moreno cun simposio de clausura sobre a obra da escritora. O evento está coordinado polas académicas Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey.

 

Podcast Diario Cultural 10:30

O ilustrador Xosé Cobas publica ‘Caderno de Momentos’, unha obra na que a súa vida e traxectoria se converte en arte chea de vida. Tamén falamos de narrativa con Armando Requeixo.

Podcast Diario Cultural 14:45

Rosendo Cid vén de gañar o I Premio CGAC de Investigación e Ensaio polo texto ‘A arte está feita dunha materia incerta e fragmentaria’. “A arte é simbólica, non é unha ferramenta para describir o mundo, senón para amosar unha maneira particular de mirar “, explica o autor neste Diario Cultural.

Podcast Diario Cultural 10:30

O director de cine Bernando Bertolucci faleceu esta mañá en Roma . Tamén falamos da exposición ‘Olivetti. A unidade na diversidade’. Como cada luns, música tradicional con Emilio Españadero.

Podcast Diario Cultural 14:15

Viaxe polo punk coa banda Bule, en Pontedeume. Recital de Gonzalo Hermo.

Pin It on Pinterest