PodCast

Podcast Diario Cultural 14:45

Descubrimos as III Xornadas Internacionais José Saramago, organizadas pola Universidade de Vigo. Tamén falamos da entrega do Premio Wonemburguer a Alicia Estévez, catedrática de microbioloxía da Universidade de Santiago.

Podcast Diario Cultural 10:30

A escritora alemá Úrsula Heinze publica a novela en galego ‘Delirios de pracer’, unha obra na que trata o tema da sexualidade nas persoas maiores. Tamén falamos de música tradicional con Emilio Españadero.

Podcast Diario Cultural 9:30

As obleas poéticas de Lucía Aldao puxeron a ‘comulgar coa poesía galega’ ao público de Culturgal. Relatamos unha das presentacións máis singulares da feira e percorremos os stands á procura da visión de media ducia de editoras sobre a campaña de novidades que xera a feira das industrias culturais.

O premio nobel de química Jean Pierre Sauvage visita Compostela e cóntanolo o noso divulgador científico, Manuel Vicente.

Podcast Diario Cultural 17:30

Comeza en Pontevedra a XI edición de Culturgal, a feira das industrias culturais que contará con actividades para nenos, foros, música e presentacións de libros, entre outras actividades.

Falamos tamén con Menchu Lamas sobre o seu ingreso este sábado día 1 de decembro na Real Academia das Belas Artes.

Por último, a nosa colaboradora experta no audiovisual galego, Beli Martínez, amósanos o festival PortoPostDoc, un encontro que busca fortalecer a conexión audiovisual luso-galaica.

Podcast Diario Cultural 14:45

Culturgal é o espello da cultura en Galicia. Máis dun centenar de actividades representan as últimas novidades e tendencias en todos os ámbitos culturais. Dende este venres, día 30, ata o domingo, día 2 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Podcast Diario Cultural 10:30

Culturgal chega un ano máis a Pontevedra, cheo de arte, literatura, música e ciencia. Como cada venres, falamos de literatura con Montse Pena.

Podcast Diario Cultural 17:30

Tito Lesende infórmanos sobre as novidades musicais para esta fin de semana.

Ademais, falamos sobre a entrega de Premios Rosalía de Castro, do Centro PEM de Galicia, co director do centro, Xabier Castro, e coa galardoada Carmen Boullosa.

Podcast Diario Cultural 14:45

Comeza OUFF, o Festival de Cine de Ourense. Este proxecto botou á andar no 1995 e esta nova edición estará centrada no feminismo e na xente nova.

Podcast Diario Cultural 10:30

Falamos coa microbióloga Alicia Estévez Toranzo, que vén de recibir o Premio Wonemburger 2018. Como cada xoves, cine con Begoña Vázquez.

Pin It on Pinterest