PodCast

Podcast Diario Cultural 10:30

Falamos con Diana López sobre a curtametraxe ‘Feminazi’, que vén de recibir o Premio do Público do OUFF. Tamén conversamos de música tradicional con Emilio Españadero.

Podcast Diario Cultural 14:15

Descubrimos a cultura Sound System da man do colectivo galego Máis Lume. O grupo Feminine Hi-Fi visita Galicia para continuar defendendo os dereitos da muller a través da música.

Neste espazo cultural tamén falamos do novo disco de Charles Bradley, unha recompilación de pezas non publicadas que reflicten a súa vida e obra.

Podcast Diario Cultural 14:45

Comeza en Lugo a exposición fotográfica ‘O mundo ao principio’ de Virginia Rota. Tamén falamos con AveLina Pérez da estrea de ‘Deixa de tocala, Sam’.

Podcast Diario Cultural 10:30

Letras e música en galego-asturiano con ‘A comuna do barruzo’ de Ugía Pedreira. Tamén falamos de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena.

Podcast Diario Cultural 14:45

Descubrimos o Festival Novos Cinemas e despedimos o OUFF. Tamén falamos coa escritora Lucía Aldao sobre o seu primeiro libro.

Podcast Diario Cultural 10:30

O director de cine Xavier Bermúdez recibirá a Calpurnia de Honra na gala de clausura do Festival de Cine Internacional de Ourense, o OUFF. Tamén falamos de teatro con Roberto Pascual.

Podcast Diario Cultural 17:30

O filme “As Bruxas de E´lente”, dirixido por Simón Vázques, presentouse esta fin de semana no OUFF.

Ademais, imos ata a tenda de instrumentos musicais Estudio 54, en Santiago de Compostela. O lugar é un punto de encontro de musicos da escena galega e incluso estatal.

Finalmente, o noso colaborador Miguel Crespo fálanos sobre o violinista, compositor, director e docente galego, Andrés Gaos.

Podcast Diario Cultural 14:45

Celebramos o 170 aniversario da Banda de Música de Santiago de Compostela co concerto ‘A toda banda’ no Auditorio de Galicia. Tamén descubrimos a arte na Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea que abre as súas portas este martes 4 de decembro.

Podcast Diario Cultural 10:30

Falamos con Josito Port0, integrante do grupo Factoría de Subsistencias, que vén de presentar o seu novo disco ‘Amores Fraticidas’. Como cada martes, conversamos con Armando Requeixo sobre narrativa.

Podcast Diario Cultural 17:30

O Auditorio Municipal de Ourense acolle hoxe o concerto “Mestre Vide. Obra para piano e canto-piano”, de Noemí Salomón ao piano e Anaís Fernández como soprano.

“Con el viento”, un filme dirixido por Meritxell Colell Aparicio, proxéctase en Numax.

Ademais, Menchu Lamas entra na Academia Galega de Belas Artes.

Pin It on Pinterest