PodCast

Podcast Diario Cultural 10:30

Descubrimos o espectáculo ‘Movem Arcos’ de Leo i Arremecághona e Isaac Xubín. Tamén falamos de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena.

Podcast Diario Cultural 17:50

O CGAC acolle hoxe ás 19:00 horas a segunda sesión da mostra “Mirada País. Videocreación”. Unha construción da imaxe videográfica de Galicia dende os anos 80 do século XX ata hoxe.

Ademais, o noso colaborador experto en música pop e rock, Tito Lesende, tráenos os últimos concertos e novidades musicais. Entre os actos atópase a actuación do grupo madrileño Morgan, que estará o 14 de decembro na Sala Capitol de Santiago de Compostela.

Podcast Diario Cultural 14:45

Recordamos a figura da mestra e investigadora Sabela Labraña. Tamén celebramos os 35 anos da Revista Galega de Teatro coa súa directora, Vanesa Sotelo.

Podcast Diario Cultural 10:30

Descubrimos o próximo concerto da Orquestra Vigo 430, no que mesturan a música clásica co pop e rock actual. Tamén falamos das candidaturas aos Premios Goya con Begoña Vázquez.

Podcast Diario Cultural 17:30

Preséntase o libro-disco “A Estrada da Vida”, un traballo que mestura a poesía do escritor e mestre Xosé Luna, e musicado por Manoele de Felisa.

Ademais, a nosa colaboradora experta en artes do movemento, Rut Balbís, fálanos no programa de hoxe sobre “Non hai que ser unha casa para ter pantasmas”, o traballo da Compañía Prácido Domingo que vén de gañar o Premio da Crítica da 32ª Edición do Certame Coreográfico de Madrid.

 

Podcast Diario Cultural 14:45

Coñecemos o nome dos candidatos aos Premios Goya. Entre eles, moitos galegos como Luíz Zahera. Tamén falamos da nova novela de Bieito Iglesias, ‘Guías caninos’.

Podcast Diario Cultural 10:30

Falamos con Xacobe Martínez Antelo da iniciativa ‘Concertos Necesarios’. Tamén coñecemos as últimas novidades do mundo do teatro con Roberto Pascual.

Podcast Diario Cultural 14:45

Falamos da situación laboral dos músicos. Este é un dos temas protagonistas do ciclo ‘A Coruña respira música’.

Podcast Diario Cultural 10:30

Falamos de Horacio Valcárcel con Pepe Coira e lemos narrativa con Armando Requeixo.

Podcast Diario Cultural 14:45

Falamos do espazo de arte ‘Vida Galega’ de Carme Nogueira e da estrea comercial do filme ‘Trote’

Pin It on Pinterest