PodCast

Podcast Diario Cultural 14:45

Viaxamos ata o Museo das Peregrinacións de Compostela, onde se presenta a iniciativa ‘Proxecta’. O obxectivo é poñer en valor os festivais e mostras de cine en Galicia.

Podcast Diario Cultural 10:30

Falamos con Lolo de Severiano, que vén de recibir o Premio Artesanía de Galicia pola súa traxectoria. Tamén celebramos o premio de novela Camiño de Santiago co xornalista Carlos Meixide. Como cada martes, chegan as recomendacións literarias con Armando Requeixo.

Podcast Diario Cultural 17:30

A Fundación Pública Artesanía de Galicia entrega hoxe os Premios Artesanía de Galicia 2018. O obxectivo desta iniciativa é recoñecer a mellora na labor dos profesionais do sector da artesanía galega e contribuir ó seu desenvolvemento económico e promocional.

Ademais, a nosa colaboradora experta en arte, Rosario Sarmiento, fálanos de “Pasearte”, unha mostra que enche os escaparates de Santiago de arte.

Podcast Diario Cultural 14:45

O mundo do circo despide a Manuel Lago García e neste Diario Cultural facemos unha homenaxe a súa vida e obra.

Podcast Diario Cultural 10:30

Eli Ríos publica ‘DX’, de Urco Editora, unha peza que rompe cos estereotipos do mundo la literatura. Tamén falamos de música tradicional con Emilio Españadero.

Podcast Diario Cultural 14:15

O III Encontro de Punkis de Aldea tivo lugar o pasado 8 de decembro en Sarria. Trece grupos que viaxaron ata a vila lucense para gozar da música. O altruísmo e a cultura son os valores compartidos e defendidos por todos os participantes.

Como cada domingo, chega o noso colaborador Cibrán Tenreiro con quen falamos dos títulos de cancións con nomes propios.

Podcast Diario Cultural 9:30

A Banda Municipal de Música de Santiago pecha as actividades dun ano intenso, no seu 170 aniversario, coa presentación en concerto do disco ‘A nosa música’, xunto a Treixadura e Cantigas e Aragimos. Percorremos a súa historia coa musicóloga Beatriz Cancela.

O ‘cine amater’ de José Ernesto Díaz Noriega, que asina JEDN, no centro da colaboración semanal da Academia Galega do Audiovisual co seu presidente Carlos Ares.

Podcast Diario Cultural 17:30

“O bestiario científico de Anxos Nogueirosa”, de Antonio M. Fraga, acaba de ser galardoado co I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil que publica Urco Editora.

A nosa colaboradora experta no audiovisual galego, Beli Martínez, fálanos sobre o cinema galego nas nominacións aos Goya.

Podcast Diario Cultural 14:45

Falamos con Juan de la Colina, comisario da exposición “Maruxa”, na Fundación Seoane da Coruña.

Pin It on Pinterest