PodCast

Podcast Diario Cultural 10:30

Falamos da obra ‘Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863)’ de María Xesús Lama, que vén de recibir o Premio Nacional de Ensaio 2018. Como cada mércores, espazo de teatro con Roberto Pascual.

Podcast Diario Cultural 14:45

Falamos da poesía de Xela Arias, unha das voces máis representativas da cultura galega.

Podcast Diario Cultural 10:30

Recordamos a figura de Xela Arias e lemos algúns dos seus poemas. Chega Armando Requeixo para recomendarnos  o volume de relatos ‘Contra o vento’.

Podcast Diario Cultural 9:30

Presentacións do documental “Todas as mulleres de coñezo”, de Xiana do Teixeiro.

Colaboración de ciencia de Manuel Vicente sobre a lúa azul e o proxecto “Ceos galegos”.

Podcast Diario Cultural 17:30

O pasado 15 de decembro inaugurouse a exposición “Eco Visual” na Galería Nemonon de Pontevedra. Falamos con Antón Patiño, autor da exposición.

Ademais, a nosa colaboradora experta en arte, Beli Martínez, fala con nós sobre os mellores agasallos para este nadal.

Podcast Diario Cultural 14:45

Coñecemos o novo proxecto literario de Claudio Pato. Tamén falamos do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio que recoñece a obra de Fernando Redondo Nera.

Podcast Diario Cultural 10:30

Os músicos Germán Díaz e Benxamín Otero publican o disco ‘Trece cancións bonitas’. Como cada venres, falamos de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena. A recomendación da semana é a novela ‘O bestiario científico de Anxos Nogueirosa’ de Antonio Manuel Fraga.

Podcast Diario Cultural 17:30

Dios Ke Te Crew lanza “Silencio”, o adianto do seu novo disco. Falamos con Sockram para saber máis sobre o regreso do grupo de Ordes.

Ademais, o noso colaborador Tito Lesende infórmanos sobre as novidades musicais para as vésperas do nadal.

Podcast Diario Cultural 14:45

Comeza a Mostra de Teatro Infantil de Ourense. Tamén falamos de ‘Os presentes proxectados’, a cuarta e derradeira sesión de ‘Mirada, país. Videocreación’.

Podcast Diario Cultural 17:30

O documental “Éxodos. De Huellas a Radha y Krishina”, producido por Mondotropo e dirixido polo coruñés Paco Cuesta, estréase hoxe ás 19:00 horas no CGAI da Coruña. O traballo é o resultado de máis dun ano seguindo ao músico de jazz Jorge Pardo.

Ademais, Luis Miguel Crespo, o noso colaborador experto en música clásica, fálanos hoxe sobre José Baldomir, o máis novo dunha serie de compositores relevantes do chamado como rexurdimento musical galego ou nacionalismo musical galego, abandeirado por figuras como Pascual Veiga, Xoán Montes, José Castro “Chané” ou Marcial del Adalid.

Pin It on Pinterest