PodCast

Podcast Diario Cultural 10:30

A exposición ‘Memoria industrial de Galicia’ amosa fotografías de José Chas no Pazo da Cultura de Pontevedra. Tamén recordamos a axenda cultural do día e da próxima fin de semana.

Podcast Diario Cultural 17:30

Conversa en profundidade con ‘Mofa e Befa’,  Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Antonio Fraguas será o homenaxeado das Letras galegas 2019. Nas súas publicacións recolleu as tradicións, festas e mostras da cultura galega para evitar que o paso do tempo esquecera o seu valor.

Neste ano están previstas varias publicacións biográficas e un recompilatorio de cancioneiros da man da Editorial Galaxia.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Antonio Fraguas será o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2019. Tamén falamos de teatro con Roberto Pascual.

Podcast Diario Cultural 17:30

O pub máis antigo de Galicia, o Modus Vivendi, acolle Circum.

Ademais, a nosa colaboradora Alba Cid fálanos sobre a poesía reunida de Xela Arias.

Podcast Diario Cultural 14:45

A Academia Europea entrega os premios ‘Discovery’ as mellores óperas primas. Tamén falamos do ciclo ‘Fóra de Serie’ que organiza o CGAI.

Podcast Diario Cultural 10:30

Falamos dos cineclubs en Galicia e, como cada martes, as recomendacións literarias da man de Armando Requeixo.

Podcast Diario Cultural 17:30

Bastards On Parade estrea o seu novo disco “Cara a Liberdade”

Ademais, a nosa colaboradora Rosario Sarmiento, fálanos sobre a mostra “Maruxa Seoane: Achegamento a María Elvira Fernández López”.

Podcast Diario Cultural 14:45

Visitamos dúas exposicións: ‘Castelao e Rodolfo Prada’, en Ourense, e ‘Alba de Gloria’, en Compostela. tamén recordamos a figura de Goya a través do documental ‘Oscuro y lucientes’.

Podcast Diario Cultural 10:30

A editorial Hugin e Munin recupera os grandes títulos da literatura para traducilos ao galego. Tamén falamos de música tradicional con Emilio Españadero.

Pin It on Pinterest