PodCast

Podcast Diario Cultural 17:30

A mostra sobre o fotógrafo de Mauthausen, Francesc Boix, inaugurouse o xoves en Lugo, no vello cárcere. Está organizada pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.

O noso colaborador experto en música, Tito Lesende, infórmanos sobre as propostas musicais desta semana, entre as que se atopa a actuación do grupo Love of Lesbian este sábado na cidade viguesa.

Podcast Diario Cultural 14:45

Comeza a nova edición do festival de música folk Celtic Connections cunha ampla presenza de música galega. A orquestra Sondeseu foi a encargada de inaugurar o evento en Glasglow.

Podcast Diario Cultural 10:30

A obra de Camilo José Cela conta con numerosas referencias a Galicia, mentres que Castelao foi o escritor símbolo do exilio galego. Ambos faleceron nun mes de xaneiro e hoxe recordamos a súa obra e contribución as nosas letras. Como cada xoves, comentamos as estreas de cine con Begoña Vázquez.

Podcast Diario Cultural 17:30

A edición 33 deste galardón celebrarase o sábado 2 de febreiro no Palacio de Congresos e Exposicións de Sevilla.

Falamos con Xavi Font e Manu Riveiro, compositores galegos da película “A sombra da lei”, que están nominados á mellor música das medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos.

Ademais, a nosa colaboradora experta en artes do movemento, Rut Balbís, fálanos sobre as novidades máis próximas no mundo da danza contemporánea.

Podcast Diario Cultural 14:45

Recordamos a Begoña Caamaño, xornalista e escritora comprometida cos dereitos das mulleres. O Concello de Santiago nomeaa filla adoptiva da cidade e inaugura unha praza co seu nome.

Podcast Diario Cultural 10:30

O proxecto cultural ‘Historias de Vilachá’ conserva a memoria da parroquia nun arquivo dixital e nun libro. Tamén falamos de artes escénicas con Roberto Pascual.

Podcast Diario Cultural 17:30

“Os bicos feridos” narra a historia dunha moza emigrante en Londres. Nela vanse debullando temas como a importancia das redes sociais, as relacións familiares e a maternidade, a soidade nas grandes cidades ou o medo á morte.

Ademais, Luis Miguel Crespo, colaborador de música clásica, fálanos sobre o concerto que levará por título “Os camiños de Castela”.

Podcast Diario Cultural 14:45

Hoxe recordamos a vida e obra de Andrés Gaos mediante un percorrido polos documentos da memoria para reconstruír o pasado musical. Falamos cun dos seus maiores investigadores, Carlos Villanueva.

Podcast Diario Cultural 10:30

Falamos dos músicos galegos que actuarán no Festival Celtic Connections. Tamén temos espazo de literatura con Armando Requeixo.

Podcast Diario Cultural 17:30

Rosario Sarmiento, a nosa colaboradora experta en arte, fálanos sobre a mostra do artista portugués Juliao Sarmento, que foi inaugurada o pasado mes de novembro no CGAAC de Santiago de Compostela.

Ademais, Belén Tajes e Maritxinha, as integrantes de Vudú, acompáñannos para presentar o seu derradeiro traballo.

Pin It on Pinterest