PodCast

Podcast Diario Cultural 10:30

A asociación O sorriso de Daniel organiza actividades culturais para descubrir o patrimonio románico descoñecido en Galicia. Coma cada martes, tempo de literatura con Armando Requeixo.

Podcast Diario Cultural 17:30

A revista, que se publica cunha periodicidade anual, centra esta edición nos elementos que evocan o tránsito. Falamos con Pilar Abades, integrante do equipo editorial da revista.

Ademais, Rosario Sarmiento, colaboradora experta en arte, fálanos sobre dúas mostras que se atopan na capital galega.

Podcast Diario Cultural 14:45

Falamos da nova programación do Centro Dramático Galego, onde o tema central xira arredor da identidade gaelga e da dramaturxia contemporánea.

Podcast Diario Cultural 10:30

O audiovisual galego triunfa nos Premios Feroz. Tamén falamos do libro ‘O danés curioso en Ordes’ e de música tradicional con Emilio Españadero.

Podcast Diario Cultural 14:15

Reportaxe sobre cancións subtituladas en galego, Cibrán Tenreiro falando de como o diñeiro aparece nas cancións, Paula Doors de como a revolveu o traballo ‘Déixaas’ de Mercedes Peón e a escritora Arancha Nogueira recitando textos de ‘Spleen en catro tempos’ e ‘Taxidermia’.

Podcast Diario Cultural 9:30

A artista Alejandra Pombo presenta a sñua intervención da Zona C de Santiago: ‘Perencontro’. Tamén unha publicación sobre a Inocencia en forma de cartas ao cienasta catalán Albert Serra. No tempo de cultura científica Manuel Vicente fala hoxe de medidas e pesos: en 2019 despediremos ao patrón do quilogramo que se garda en París.

Podcast Diario Cultural 9:30

Coñecemos a curtametraxe ‘As lavandeiras’ de Vou Films e a unha familia de cine. Na súa colaboración semanal o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares, fálanos do Decálogo de igualdade e lembra á pioneira Alice Guy. Coñecemos o premio ao mellor festival de interior para o WOS de Compostela, a apertura do ciclo Liberdades Sonoras de Lugo e rematamos coa visita de Tounda, banda da que nos fala o músico do Eo-Navia Esteban Girón.

Podcast Diario Cultural 17:30

O galego Cesáreo Sánchez Iglesias publica o seu derradeito traballo, “As bolboretas do Mekong”.

Ademais, Beli Martínez, a nosa colaboradora experta en audiovisual galego, fálanos hoxe dos premios Feroz, onde destaca unha presenza galega importante.

Podcast Diario Cultural 14:45

A artista Menchu Lamas inaugura a exposición ‘Soñando na espiral’ na galería Luisa Pita. Tamén falamos das novidades culturales desta fin de semana.

Podcast Diario Cultural 10:30

A banda sonora da Guerra das Galaxias ou Superman forma parte da historia da música e do cine. A Film Symphony Orchestra interpreta un concerto dedicado ao compositor John Williams esta fin de semana en Vigo e na Coruña. Como cada venres, tempo de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena Presas.

 

 

Pin It on Pinterest