PodCast

Podcast Diario Cultural das 10:30

O libro ‘Memoria do Silencio’ de Eva Mejuto conta a historia de tres mulleres galegas que salvaron medio milleiro de persoas da persecución nazi axudándolles a cruzar a fronteira con Portugal. Coma cada xoves, falamos de cine con Begoña Vázquez.

Podcast Diario Cultural das 14:45

Castelao e Federico Rivas son os protagonistas do Día da Ilustración. A exposición ‘Federico Rivas. As liñas da beleza’ amosa as obras do artista na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura.

Podcast Diario Cultural das 10:30

Federico Rivas é o artista homenaxeado no Día da Ilustración. Coma cada mércores, falamos de teatro con Roberto Pascual.

Podcast Diario Cultural 17:30

Chuches Amil presenta ‘Monstros con ou sen consentimento’, un libro-disco editado por Galaxia con cancións e contos para os máis pequenos.

Ademais, dende outubro desenvólvese na cidade das Burgas un ciclo que trae as figuras máis destacadas dentro do mundo da música clásica. Xa vai na súa quinta edición e é un referente no que a música de cámara se refire. Coñecemos mellor este mundo co noso colaborador de música clásica, Luis Miguel Crespo.

Podcast Diario Cultural das 14:45

Suso de Toro publica ‘Dentro da literatura’, onde analiza o presente e o futuro do mundo das letras.

Podcast Diario Cultural das 10:30

Budiño presenta o seu novo disco ‘Fulgor’, en que descubrimos a súa faceta de cantante. Coma cada martes, chegan as recomendacións literarias con Armando Requeixo.

Podcast Diario Cultural 17:30

O novo grupo Tecor Societario presenta o seu primeiro EP. Nel toca xente de bandas anteriores como Retobato, Arenga ou Quempallou.

Ademais, a nosa colaboradora experta en arte, Rosario Sarmiento, fálanos sobre unha exposición que expón un percorrido por obras pertencentes a coleccións particulares da cidade de Ourense do século XVI ao XX.

Podcast Diario Cultural 14:45

Falamos coa decana da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Silvia García, da exposición ‘Isaac Díaz Pardo e Sargadelos. Apontamentos sobre arte, industria e deseño’.

Podcast Diario Cultural 10:30

A compañía Kukas celebra o seu 40 aniversario. Falamos cos seus fundadores sobre monicreques, reivindicacións e recordos dos inicios. Coma cada luns, tempo de música tradicional co noso experto Emilio Españadero.

Recital de Belén Senín: un bestiario

A poeta de Pontecesures acaba de publicar na antoloxía ‘Dentes para a mazá’ e nas revistas ‘Dorna’ e ‘Ligeia’. De canción de despedida escolle ‘A vitoria’, de Ataque Escampe.

Pin It on Pinterest