PodCast

Podcast Diario Cultural das 9:30

Loreto Martínez Troncoso inaugura no Centro Galego de Arte contemporánea ‘Vestiges d’un ici, vestixios de si’. Ademais, na colaboración científica de Manuel Vicente falaremos de goblos sonda, radioactividade e ‘NOSA’ a primeira Axencia Espacial Escolar Galega

Podcast Diario Cultural das 9:30

Nuria Sotelo presenta no festival Escenas do Cambio o proxecto cultural ‘A casa vella’ que desenvolve en Allariz. Amais, Anabel Gago fala da súa participación na performance de Esther Ferrer ‘Vouvos contar a miña vida. E coma cada sábado,  Carlos Ares ponnos ao día co audiovisual galego.

Podcast Diario Cultural das 17:30

Nesta edición de Diario Cultural falamos con Pedro Fresneda, un dos directores do Teatro Ensalle de Vigo. E como cada venres falamos de cinema e audiovisual con Beli Martínez.

Podcast Diario Cultural 14:45

Falamos da obra Carmina Burana, unha das pezas musicais máis escoitadas do século XX. Esta composición de Carl Orff convértese nun espectáculo coa compañía Fura dels Baus. Hoxe volve a Galicia, onde comeza funcións na Coruña.

Podcast Diario Cultural das 10:30

O director de cine Álvaro Gago presenta a súa próxima curta que gravará en Vigo a través dunha campaña de micromecenado. Como cada venres, falamos de literatura con Montse Pena.

Podcast Diario Cultural das 17:30

O grupo Presumido visita o noso estudo para darnos todas as pistas de “Invierno”, un conxunto de tres cancións que se incluirán no seu traballo “Las 4 estaciones”.

Ademais, como cada xoves acompañanos Tito Lesende con todas as novidades do pop e do rock.

Podcast Diario Cultural das 14:45

Escenas do Cambio é un festival de teatro, danza e arte de acción que se celebra cada ano na Cidade da Cultural. Esta é a quinta edición e contará con dezasete propostas de sete países. Neste espazo cultural falamos co seu director, Pablo Fidalgo.

Podcast Diario Cultural das 10:30

O profesor Núñez Seixas participará nunha xornada sobre migración galega en Nova York. Coma cada xoves, falamos de cine con Begoña Vázquez.

Podcast Diario Cultural 17:30

Diana Toucedo preséntanos a súa primeira película, que navega polo océanos da maxia e do misterio co Courel como atmosfera protagonista.

Ademais, o noso colaborador Carlos Portela fálanos un mércores máis de banda deseñada.

Podcast Diario Cultural das 14:45

Presentamos a exposición ‘Os adeuses’ e todas as actividades relacionadas. Tamén conversamos con Xosé Manoel Núñez Seixas, vicepresidente do Consello da Cultura.

Pin It on Pinterest