PodCast

Podcast ‘Diario cultural’ das 17:30

Nesta nova edición de Diario cultural comezamos coa conversa que tivemos con Susana Seivane durante os ensaios do primeiro concerto de presentación do seu novo proxecto discográfico, FA, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Fixemos con ela un repaso polos 20 anos que leva adicada a música, dúas décadas que fai xustamente este xoves día 21 de febreiro e que festexará sobre o escenario do Garufa Club da Coruña.

Ademais, escoitamos un novo capítulo da conversa co ilustrador Pepe Barro, e a nosa colaboradora Alba Cid explícanos todos os detalles de O puño e a letra, de Yolanda Castaño.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

O Consello da Cultura Galega presenta o álbum da ciencia, unha publicación que reúne as biografías de 284 científicas e científicos galegos. Tamén falamos do novo traballo poético-musical de Silvia Penas: Fronteira Paraíso.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

Entrevistamos a César Antonio Molina, autor do ensaio Tan poderoso como o amor, a partir do cal xorde o ciclo de cine de amor que comeza hoxe no CGAI. Case unha ducia de películas reflexionarán sobre o concepto do amor e o paso do tempo. Neste espazo cultural tamén falamos de narrativa con Armando Requeixo.

Podcast ‘Diario cultural’ das 17:30

Nesta edición do Diario cultural lembramos a figura de Roberto Vidal Bolaño grazas á curtametraxe O jazz dos proscritos, un traballo de Manuel Vidal en que adapta a obra Saxo Tenor de Vidal Bolaño. Polo momento, só está dispoñible o tráiler desta curta que se preve que se estree a finais deste mes.

Tamén continuamos escoitando a conevrsa que tivemos co ilustrador galego Pepe Barro dentro das nosas laretadas e, coma todos os luns, Rosario Sarmiento achéganos ao mundo da arte. Esta vez a través do pintor e escultor falecido hai sete anos, Leopoldo Nóvoa.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

Falamos da segunda novela de Isaac Xubín: Os largos e longos campos de liño azul. Hoxe é a presentación en Vigo.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

Escoitamos Ultraligero, o novo disco de Novedades Carminha. Tamén celebramos os vinte anos de Susana Seivane na música co noso experto Emilio Españadero.

Podcast do ‘Diario cultural’ das 17:30

Neste Diario cultural falamos con Manu Fernández, organizador do festival A Candeloria, que se celebra mañá en Lugo e que tras seis edicións dirá o adeus definitivo por falta de axudas.

Tamén nos intorudimos na música tradicional galega da man do novo disco de Susana Seivane e escoitamos un novo capítulo da nosa laretada co ilustrador Pepe Barro.

Ademais, coma cada venres, Beli Martínez fálanos de cinema.

Podcast ‘Diario cultural’ das 17:30

No Diario cultural de hoxe escoitamos a conversa que tivemos con Marcos Teira, que mañá presenta o seu novo disco Nós. Ademais, escoitamos algún dos temas do novo traballo de Factoría de Subsistencia e, coma cada xoves, Tito Lesende daranos as últimas novas do panorama musical.

Podcast Diario Cultural das 14:45

Falamos da compañía de teatro Licenciada Sotelo, que presenta un espectáculo de danza contemporánea sobre a figura de Maruja Mallo. O estreo é hoxe en Ourense.

Podcast Diario Cultural das 10:30

Entrevistamos a Xoán Manuel Garrido Vilariño, o traductor de Se isto é un home, de Primo Levi. Unha obra que afonda na condición humana capaz de realizar un exterminio como o Holocasto nazi.

Como cada xoves, avanzamos as estreas de cine da fin de semana, nesta ocasión co noso experto Moncho Lemos.

Pin It on Pinterest