PodCast

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

O Museo Marco de Vigo presenta o seu novo director: Miguel Fernández Cid, quen foi director do CGAC entre os anos 1998 e 2005. Na actualidade, é director xerente da Fundación Gonzalo Torrente Ballester e tamén membro da Real Academia Galega de Belas Artes.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

Facemos unha viaxe cinematográfica pola gala dos Óscar da pasada madrugada. Tamén falamos de música de raíz con Emilio Españadero.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

Hoxe coñecemos a programación das Letras Galegas 2019, que este ano homenaxean a Antón Fraguas. Falamos con Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega, a institución que elixe ao autor de cada edición.

Imos tamén ata o Centro Galego de Arte Contemporánea, que inaugura hoxe a exposición Homeless, da artista galega asentada no Reino Unido Ángela de la Cruz.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

Descubrimos quen son os finalistas dos Premios María Casares. Tamén falamos de libros con Montse Pena Presas e de cine, coa nosa directora de Sala 5, Begoña Vázquez.

Podcast ‘Diario cultural’ das 17:30

Viaxamos ata a Coruña para coñecer a residencia literaria da poeta Yolanda Castaño. Tamén falamos con Tito Lesende sobre as novidades musicais do panorama mundial.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

Hoxe presentamos o Festival Atlántica, con 84 funcións e preto de 30 artistas. Neste espazo cultural tamén homenaxeamos o autor Antón Fraguas.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

Hoxe temos un especial dende a Feira do Cocido de Lalín. Falamos de cultura, libros e música con Celso Fernández Sanmartín. Coma cada xoves, estreas de cine con Begoña Vázquez.

Podcast ‘Diario cultural’ das 17:30

Miguel Boo preséntanos Suso Vaamonde: voz de trebón, a biografía do compositor vigués Suso Vaamonde falecido hai 19 anos. Un músico que dedicou parte da súa traxectoria a pór melodía ás letras dos poemas dos grandes autores galegos. Ademais, falamos con Carlos Portela sobre banda deseñada e, en concreto, do cómic gañador do Man Book Price.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

Manuel Gallego recibe o Premio Nacional de Arquitectura do Ministerio de Fomento. A súa obra é unha arquitectura comprometida con Galicia e co diálogo honesto entre os materiais tradicionais e a modernidade. Neste espazo cultural falamos con el sobre este recoñecemento e sobre a súa gran traxectoria.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

Entrevistamos a Mela Casal, a actriz galega que recibirá o Premio de Honra Fernando Rey dos Mestre Mateo pola súa traxectoria no mundo do teatro, o cine e a televisión. Coma cada mércores, tempo de teatro con Roberto Pascual.

Pin It on Pinterest