PodCast

Aberta a inscrición nos VI Premios Martín Códax da Música

Ata o 17 de marzo está aberta a inscrición nos premios da música galega. Conversamos coa presidenta da Asociación Músicas ao vivo, Sonia Lebedinsky.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

Xa se pode visitar a Casa-Museo de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo. Imos ata alí para coñecer este espazo no que viviu o célebre autor durante tres décadas e onde escribiu, entre outros, Merlín e Familia.

Tamén nos achegamos ao Museo Municipal de Ribeira, onde se presentou o inicio da rodaxe da película El Santa Isabel, dirixida pola galega Paula Cons e protagonizada por Nerea Barros, Darío Grandinetti e Aitor Luna.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

Inauguramos con Armando Requeixo a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo. Tamén repasamos a axenda cultural desta fin de semana.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

A Fundación Penzol recibe da man do fillo de Álvaro Cunqueiro, César Cunqueiro, máis de 300 cartas, documentos persoais, manuscritos, fotografías e material inédito do escritor atopados nun alpendre da casa familiar.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

Unha ducia de artistas recorda a música do gran Narf no Círculo das Artes de Lugo. Tamén falamos de cine coa directora de Sala 5, Begoña Vázquez.

Podcast ‘Diario cultural’ das 17:30

Falamos cos directores da Aula de teatro da Universidade de Santiago e da Aula de teatro universitario de Ourense porque a xunta directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia concédelles o premio de honra Maria Soto, que será entregado durante a gala dos premios de Teatro María Casares.

Tamén falamos con Carlos Rodríguez, un dos directores de O Son do Camiño sobre a venda de abonos, e Ruth Balvís cóntanos as novidades das artes do movemento.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

Falamos da inauguración de ARCO, a Feira Internacional de Arte Contemporánea que se celebra en Madrid e onde a representación galega corre a cargo da galería PM8. Tamén falamos da estrea de representacións teatrais Excéntricas.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

O fotohistoriador Carlos Castelao publica As orixes da fotografía en Galicia, un libro editado polo Consorcio de Santiago e a Editorial Alvarellos. Coma cada mércores, falamos de teatro con Roberto Pascual.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

O colectivo A Sega homenaxea esta tarde a poeta Xela Arias. Un evento que coincide coa presentación en Santiago do volume Poesía reunida da autora, da man da Editorial Galaxia.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

Falamos de Feedback, a nova película de Vaca Films. No tempo de literatura, Armando Requeixo recoméndanos Tres minutos no aire.

Pin It on Pinterest