Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45
A curta galega ‘Benvidas ao club’ sobre a operación Carioca recibe o Premio Especial Biznaga de Prata no Festival de Málaga. A trama corrupta, o tráfico de mulleres e a explotación sexual son os protagonistas deste documental dirixido por Carmen Granxeiro. Unha obra que loita por visibilizar a realidade da prostitución a través deste caso lucense.