PodCast

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

Comeza o Festival Atlántica de narración oral, con máis de 80 espectáculos en 16 concellos galegos. Neste espazo cultural falamos coa súa organizadora, Soledad Felloza. Tamén presentamos teatro para reflexionar con Roberto Pascual.

Podcast ‘Diario cultural’ das 17:30

Nesta nova entrega do ‘Diario cultural’ comezamos falando con Alberto Núñez Blanco sobre o auxe dos e-sports pola celebación da ICC Week, en que ademais é coordinador. Tamén nos achegamos ata a Sala Capitol de Santiago, onde se está a celebrar un concerto en homenaxe ao 25 aniversario do Xabarín Club con motivo dun programa especial que prepara a Televisión de Galicia. Por último, o noso colaborador Luis Miguel Crespo introdúcenos no mundo da músia clásica da man de grandes mulleres compositoras.

 

Podcast do ‘Diario cultural’ das 14:45

Hoxe comezaron as actividades do festival de narración oral Atlántica, que se inaugura mañá no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Trátase dun festival en que creadores nacionais e internacionais realizarán diferentes espectáculos para todos os públicos en 16 concellos galegos.

Tamén coñecemos o novo traballo de Abe Rábade, que está a presentar estes días e, ademais, hoxe comezaron os traballos para a celebración da décimo segunda edición de Culturgal, que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra a finais de ano e, en Nova York, retómanse as actividades arredor da exposición Os adeuses, do Consello da Cultura Galega.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

Falamos do libro ‘Viaxeiros’ co seu escritor, Xulio Rodríguez, e co seu ilustrador, Nicolás Fernández. Unha obra sobre as migracións dos animais publicada pola Editorial Kalandraka. Tamén falamos de libros traducidos ao galego con Armando Requeixo.

Podcast ‘Diario cultural’ das 17:30

Nesta edición do ‘Diario cultural’ falamos co deseñador gráfico Antonio Seijas sobre a súa primeira novela, ‘O soño da serpe’. Un libro de literatura xuvenil que centra a súa historia nunha rapaza chamada Luz, que ao comezar a universidade comeza tamén unha busca para coñecer as súas raíces e o seu pasado. Tamén escoitamos un novo capítulo da nosa laretada con Pepe Barro; e Rosario Sarmiento achéganos a mostra de pintura holandesa e flamenca ‘Trazos maestros’, que se pode visitar na Fundación Barrié da Coruña.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

Falamos coa escritora María Xosé Queizán, que recibiu o sétimo premio de Igualdade Ernestina Otero que concede o Concello de Vigo. Ademais, esta tarde celébrase unha mesa redonda arredor do seu traballo na Casa Galega da Cultura de Vigo.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

Arata Isozaki recibe o Premio Pritzer 2019. Falamos con César Portela, arquitecto co que traballou na Domus da Coruña, e con Antonio Maroño, decano do Colexio de Arquitectos de Galicia.

Podcast ‘Diario cultural’ das 17:30

Nesta edición do ‘Diario cultural’ falamos con Xosel Díaz, de Cinema Masticado, que presenta no Auditorio Municipal de Ourense o primeiro capítulo de ‘STRPTS’. Tamén coa autora Anaír Rodríguez do seu libro ‘Pioneiras 2’, e coma todos os xoves, Tito Lesende tráenos o mellor da música.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:45

Hoxe comezamos o ‘Diario cultural’ despedindo o poeta Manuel Vinalova. Tamén viaxamos ata o Centro Galego de Arte Contemporánea, que inaugura a primeira exposición monográfica dedicada á vida de René Heyvaert que se pode ver fóra de Bélxica, e ao Museo da Catedral de Santiago, que xa acolle ‘O Tríptico de Pentecostés’ restaurado.

Para rematar, falamos coa cineasta e actriz galega Sonia Méndez, que estrea a road movie de corte feminista ‘Antes de perder’ na plataforma dixital Playz.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

Domingo Villar presenta o seu novo libro, ‘O último barco’, publicado pola Editorial Galaxia. Esta obra é a terceira entrega das andanzas do inspector Leo Caldas, que chega despois de ‘Ollos de auga’ e ‘A praia dos afogados’.

Pin It on Pinterest