PodCast

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

Presentamos o ciclo As mulleres dos mortos da Universidade de Santiago de Compostela e falamos dos Premios María Casares de Teatro con Roberto Pascual.

‘Libro de horas’, recital de Rebeca Baceiredo

A escritora e filósofa preséntanos as súas últimas novidades. En ‘Libro de horas’ lemos: á madeira non lle afecta / que comas nela / ou que pouses só / a banalidade dun souvenir.

Videosinxelos: ‘As crónicas’ e ‘El salto’. Os amigos dos músicos con Prenom e Silvia Penide con Pulpiño Viascón.

Coñecemos dúas cancións novas e os seus vídeos. Unha viaxe por Galicia con Rubén Domínguez de Prenom para a canción ‘As crónicas’ de Os Amigos dos Músicos e unha viaxe en 360º pola Coruña con Pulpiño Viascón para ‘El salto’, de Silvia Penide. Dous adiantos de dous discos que sairán esta primavera.

‘Entre soños’, o primeiro espectáculo da compañía de danza de Fran Sieira

O bailarín de Ribeira dirixe un espectáculo de danza, canto e música tradicional que interpreta xunto a Aida Tarrío e Xisco Feijoo. Hoxe en Ribadeo e nas vindeiras semanas en Narón, Compostela, Vilagarcía, Cargallo, Lugo ou A Coruña.

A actriz Isabel Blanco, recoñecida co Premio Celanova Casa dos Poetas

Conversamos coa actriz sobre o premio, os 20 anos de Mareas Vivas e o seu proxecto actual: ‘Pasaporte galego’.

Monterroso celebra a cuarta edición da Feira do Libro e o Disco Galegos

Achegámonos á feira e ao activismo cultural de ’25 xastres’ co voceiro desta asociación Serxio Alba.

Identidade e dereitos civís dende a escrita a debate no ‘Parlamento de escritoras-es’

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega debate sobre identidade e dereitos civís en Pontevedra.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

Falamos con Soledad Penalta, a escultora do aceiro, sobre as súas exposicións: Grafía e reflexos de lúa Utopía ou distopía. Como cada venres, tempo de literatura con Montse Pena.

Podcast ‘Diario cultural’ das 10:30

Sés publica o disco Rabia ao silencio e comeza xira arredor da nosa terra. Falamos con ela sobre o proceso de produción das pezas, a resposta do público e os próximos concertos. Trátase dun traballo que parte de cancións latinoamericanas para achegalas á xuventude a través do galego.

Podcast do ‘Diario cultural’ das 17:30

Nesta edición do ‘Diario cultural’ falamos coa coordinadora dos Premios Martín Codax da Música, a cantante Sonia Levedinsky, e con dous dos grupos premiados o ano pasado: Eladio y los seres queridos e Som do Galpón. Todo isto porque xa está aberto o prazo de inscrición dos proxectos musicais para a edición deste ano. Tamén imos ata Pontevedra porque hoxe presentouse o Salón do Libro Infantil e Xuvenil, que se celebrará a partir do vindeiro 22 de marzo e, coma todos os mércores, Rut Balbís fálanos de artes do movemento.

Pin It on Pinterest