PodCast

Podcast do Diario Cultural das 17:30

Nesta edición do Diario Cultural adentrámonos na presentación do proxecto “Sonoro Empeño, a música nas coleccións Abanca e Afundación”. Unha exposición que se pode visitar en Compostela e na que se busca mostrar a relación entre a música e outras artes como a pintura, o cine ou o teatro. 

Tamén falamos de rap en galego con Nervo, o vocalista da banda Rebeliom do Inframundo que están a presentar o seu terceiro traballo discográfico “Ilegal”. E introducímonos no mundo da arte con Rosario Sarmiento.

Podcast do ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe comeza a 14ª Edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico que organiza o Museo do Pobo Galego. En total dezaseis filmes de dez nacionalidades diferentes participan na sección oficial dunha mostra na que tamén poderemos desfrutar de cinema doméstico. E para coñecer todos os detalles, nesta Edición do Diario Cultural falamos coas directora da MICE, Ana Estévez. 

Tamén achegámonos á presentación da reedición do libro “De tempo e dos astros”, de Antón Fraguas, que edita Galaxia no marco da celebración do Día das Letras Galegas e, por último, falamos do Festival de contidos dixitais Carballo Interplay.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Víctor Freixanes presenta na Radio Galega a reedición do seu libro O triángulo inscrito na circunferencia, publicado pola Editorial Galaxia. Falamos con el sobre a situación actual da nosa cultura e literatura. Como cada luns, temos espazo de música tradicional con Emilio Españadero que hoxe nos fala dos grupos Túa e Criatures.

A transmisión de estereotipos sexistas da cultura tradicional a análise nas xornadas ‘O género da tradiçom’

Falamos das xornadas ‘O género da tradiçom’ da Gentalha do Pichel con Carme Campo – educadora, bailadora e promotora do proxecto ‘Andar cos tempos’ – e coa etnomusicóloga Xulia Feixoo.

Conversas na Costa dos Castros. Reflexións sobre o patrimonio en Oia.

Falamos coa antropóloga Guadalupe Jiménez-Esquinas sobre o seu estudo ‘As outras caras do patrimonio. Reflexións sobre o patrimonio en Oia’ que se presenta hoxe en Mougás.

Podcast do Diario Cultural das 17:30

Nesta edición do Diario Cultural falamos con Eva Mejuto, a directora do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil que comezou hoxe en Pontevedra a súa vixésima edición. Ata o vindeiro 12 de abril sucederánse un total de 300 actividades coa revolución como tema central e con autores lusófanos como convidados.

Tamén nos achegamos ata Vilalba porque hoxe presentouse o carte do FIV con artistas como Iván Ferreiro, Los Planetas, Dorian ou La Moda entre outros.

E coma todos os venres Beli Martínez trae as últimas novidades do audiovisual.

Podcast Diario Cultural das 14:45

Nesta nova edición do Diario Cultural coñecemos todos os galardoados nos Premios de teatro María Casares. Ademáis achegámonos ata o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que comeza hoxe unha vixésima edición na que o tema principal será a revolución e o homenaxeado o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil Antonio Teijeiro.

Tamén viaxamos ata A Coruña para asistir ao simposio sobre a obra do Premio Nobel de Literatura  Mario Vargas Llosae , para rematar, unha axenda cultural para a fin de semana.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Falamos dos Premios de Teatro María Casares con dous dos protagonistas da noite: Marián Bañobre e Cándido Pazó. Como cada venres, falamos de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena.

Podcast Diario Cultural das 14:45

No Día Mundial da Poesía sumámonos á homenaxe que a Real Academia Galega lle fai ao poeta Salvador García Bodaño, ademáis falamos con Olga Novo, autora do poemario Feliz Idade da Editorial galega Kalandraka.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Celebramos o Día da Poesía co grupo Ronseltz e imos ata o Festival ‘Alguén que respira’. Como cada xoves, falamos das estreas cinematográficas con Moncho Lemos.

Pin It on Pinterest