PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O Consello da Cultura Galega publica en aberto as primerias gravacións en lousa. Falamos con Xosé Ramón Pousa e Cristina Pujales, responsables do arquivo sonoro. No tempo de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena Presas falamos do libro ‘A revolución vertical’, publicado pola Editorial Galaxia.

Podcast do Diario Cultural das 17:30

Nesta edición do Diario Cultural mergullámonos no Festival de Jazz de Primavera de Ourense que se vai a celebrar entre o 4 de abril e o 4 de xuño e que este ano chega a súa vixésimo terceira edición con 11 concertos que convertirán a Ourense en referencia mundial do Jazz.

E de Jazz mudamos a Blues, porque do 28 ao 30 de xuño celebrarase a terceira edición do Fisterra Blues Experience, e para coñecer todos os detalles do festival falamos con Javi Turnes, o seu director, e co músico Víctor Aneiros, un dos artistas confirmados para o festival.

Ademáis, coma todos os mércores, Tito Lesende achéganos ao mellor da música no noso país.

Podcast do Diario Cultural das 14:45

Nesta edición do Diario Cultural falamos con Garteh Williams,  catedrático na Facultade de Linguas e Literaturas Románicas da Universidade de Michigan en EEUU, porque vai  estar esta tarde no Ciclo Pensarmos, organizado pola sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega. Un encontro que se enmarca dentro do programa “Pensar Latinoamérica: postcolonialidade, decolonialidade, subalternidade”.

Tamén viaxamos ata Tui porque vense de presentar o programa do Festival Internacional de Cine de Non Ficción “Play Doc”. E os monicreques de Kukas celebran en Santiago os seus 40 anos coa estrea de ‘Arlequina’ no Teatro Principal.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Imos ata a inauguración do Museo Bea Rey en Sobrado dos Monxes. Falamos con Isabel Rey, irmá da artista; e Carmen Jiménez, directora técnica do Museo. No espazo de cine con Moncho Lemos comentamos a nova película de ‘Dumbo’.

Podcast do Diario Cultural das 17:30

Programa especial do Diario Cultural dende o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. O salón celebra a súa vixésima edición coa revolución como tema central e con actividades e exposicións ata o vindeiro 12 de abril.

Acompáñannos neste programa a poeta de ascendencia franco-portuguesa Elisabeth Oliveira, que vai facer actividades para os máis pequenos no salón; a autora brasileira Marina Colasanti; Susana Aliano, autora e editora de Uruguai que vai facer un obradoiro sobre a abordaxe do acoso escolar a través dos libros; e a contadora Tareixa Alonso de Pavís Pavós. Con todas elas adentámonos no Salón do Libro.

Podcast do Diario Cultural das 14:45

Nesta edición do Diario Cultural celebramos o Día Mundial do Teatro falando con Inma António Souto, presidenta da Academia Galega do Teatro ademáis de actriz e dramaturga. E con ela repasamos o nacemento da Academia Galega do Teatro en outubro de 2017 e os obxectivos que persegue a celebración do Primeiro Congreso Internacional do Teatro Galego que terá lugar o vindeiro ano.

Ademáis introducímonos no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, porque hoxe comeza alí un Congreso de Mediación Lectora. Eulalia Agrelo é unha das organizadoras do congreso e explícanos o poder da lectura para transformarnos tanto dende o punto de vista persoal como social.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Celebramos o Día do Teatro cunha visita ao Salón-Teatro de Compostela, onde Fefa Noia, directora do Centro Dramático Galego, conta todos os segredos que se agochan entre bambolinas. Como cada mércores, e hoxe dunha forma máis especial, temos colaboración de teatro con Roberto Pascual.

Podcast do Diario Cultural das 17:30

Nesta edición do Diario Cultural falamos da novena edición do festival Internacional de poesía Kerouac pero tamén nos visita o escritor e xornalista Paco López-Barxas para falar sobre a vida de Ramón Otero Pedrayo. López-Barxas ven de publicar o libro ” A historia de Ramón” no que abarca case toda a vida do autor para achegarlla aos máis cativos. 

Tamén colaboración de música clásica con Luis Miguel Crespo na que coñeceremos a grandes mulleres compositoras do século pasado.

Podcast do Diario Cultural das 14:45

A segunda edición do Seminario CO(M)XÉNERO leva por título A Muller nas Estremas e  explora dende o cinema as fronteiras físicas e culturais vencelladas ao xénero. Muller nas Estremas celébrase esta tarde na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e nesta edición do Diario Cultural falamos co Margarita Ledo, directora do Grupo de Estudos Audiovisuais e catedrática de Ciencias da Comunicación e Publicidade da USC.

Tamén adentrámonos na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico que se está a celebrar estes días en Compostela e coa que colabora esta edición do Seminario CO(M)XÉNERO. Ademáis hoxe comezan as proxeccións dos filmes que compiten na sección oficial da MICE.

Por último acudimos a presentación do  Primeiro Congreso Internacional do Teatro Galego que organiza a Academia Galega de Teatro e que se vai a celebrar os días 25, 26, 27 e 28 de marzo de 2020 no Centro de Innovación Cultural da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

A compañía Talía Teatro presenta ‘A primeira vez’, un espectáculo dirixido por Artur Trillo e protagonizado por María Ordóñez e Toño Casais. Como cada martes, tempo de literatura con Armando Requeixo. Nesta ocasión falamos dos libros Elisa e Marcela. Amigas e amantes, de Narciso de Gabriel; e A gran mortaldade, de Calros Solla.

Pin It on Pinterest