PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Nesta edición do Diario Cultural falamos de festivais. Primeiro do Festival Internacional de cinema Play-Doc que se celebra desde hoxe 3 e ao 7 de abril en Tui, e facémolo cunha das súas directoras, Sara García. Pero tamén hoxe comeza, en Carballo, o Carballo Interplay, un festival de contidos dixitais que se vai a celebrar ata o 6 de abril. Sonia Méndez é unha das directoras do festival e achéganos todos os detalles.

E para rematar ímos ata Ourense porque hoxe tivo lugar, no marco da celebración da ICC Week, a entrega de premios María Luz Morales de ensaio sobre o audiovisual.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Celebramos os 40 anos de Xacarandaina facendo unha viaxe ata as súas orixes. Como cada mércores falamos de teatro con Roberto Pascual.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Hoxe é o Día da Literatura Infantil e Xuvenil e falamos con Xosé Antonio Perozo, presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, GALIX. Nun día especial coma hoxe, Armando Requeixo fálanos de dúas novas propostas narrativas moi interesantes: Hotel para coleccionistas discretos e A vida é dura antes dos 18

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Nesta edición do Diario Cultural falamos con Juan Carlos Zahera, director do Espazo de Danza da USC porque hoxe comeza a 17ª edición do seu Ciclo de Danza, uns días nos que aproveitan para mostrar espestáculos da súa produción porpia. Este ano ademáis contan co Espazo de Danza da Universidade da Coruña como convidado.

Tamén viaxamos ata Ourense para coñecer a programación da MITEU, a Mostra Internacional de Teatro Universitario que terá lugar do 25 de abril ao 11 de maio.

Por último, e como cada luns, Rosario Sarmiento introdúcenos no mundo da arte. Hoxe, Día das Artes Galegas toca falar do homenaxeado: Luis Seoane.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Nesta edición do Diario Cultural celebramos o Día das Artes Galegas que este ano a Real Academia Galega de Belas Artes adica a Luis Seoane López, unha das figuras máis importantes da cultura do século XX. Para coñecer máis sobre a vida e a obra do artista falamos con Xosé Díaz Arias de Castro, académico da sección de Artes da Imaxe, que ademáis será o encargado de pronunciar o discurso “Significado de Luis Seoane no contexto da cultura galega no século XX”, na homenaxe de esta tarde no Teatro Colón da Coruña.

Tamén despedimos ao escritor  Rafael Sánchez Ferlosio, que nos deixou hoxe aos 91 anos. Felosio é autor de “El Jarama”, Premio Cervantes en 2004 e Premio Nacional das Letras Españolas en 2009. E. por último, adentrámonos na 24ª edición da MITEU, a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense, que  presentou o seu programa esta mañá

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O Día das Artes Galegas homenaxea a Luís Seoane. Hoxe falamos co historiador Carlos López Bernárdez da traxectoria do artista. Tamén escoitamos as voces do pintor Jorge Espiral, da artesá María Elena Montero e de Silvia Longueira, directora da Fundación Luís Seoane.

A libraría Pedreira celebra a II Semana da novela negra.

Presentacións, conversas, roteiros e unha vaga de crimes por resolver no barrio de San Pedro. Máis de 40 establecementos se sumana repartir ‘pistas’ do xogo a xeito de relato creado por Hector Cajaraville para a Semana da novela negra.

A Fundación Luis Seoane inaugura ‘Jorge Cabezas is back!’ e ‘Nos dominios da urxencia’

Máis de 50 obras de Jorge Cabezas, un libro e un documental na homeanxe ao pintor coruñés que se verá ata xuño na Fundación Luis Seoane. Tamén ata xuño a revisión dos colectivos artísticos da cidade entre 1973 e 1986 que co título de ‘Nos dominios da urxencia’ comisaría Xurxo Taxes.

Podcast do Diario Cultural das 17:30

Nesta edición do Diario Cultural coñecemos como vai transcurrir a vixésimo oitava edición dos Premios do Colexio de Arquitectos de Galicia que se celebran esta noite no Teatro Jofre de Ferrol. Tamén falamos con Estíbaliz Veiga que está de xira por centros escolares galegos coa obra “Golpes”, unha obra de denuncia social que xira en torno a violencia machista. Ademáis na colaboración de Beli Martínez falamos da estrea de “Estado de malestar”, a última película da ourensá María Ruído.

Podcast do Diario Cultural das 14:45

Nesta edición do Diario Cultural falamos da XXXVI edición da Semana Galega da Filosofía que se desenvolvera en Pontevedra do  22 ao 26 de abril de 2019 baixo o título “Filosofía e Fronteira”. Para coñecer todas as actividades que se levarán a cabo no marco desta celebración, falamos coa presidenta da Semana Galega da Filosofía e da Aula Castelao, Ana Regueira.

Tamén descubrimos os segredos que agocha o libro “Un conto siciliano e outras historias” co seu autor Estro Montaña. E para finalizar coñecemos cómo vai transcurrir a gala de entrega dos  XVIII Premios do Colexio de Arquitectos de Galicia, que se entregarán esta noite en Ferrol.

Pin It on Pinterest