PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O saxofonista Xosé Miguélez presenta o seu disco Ontology , inspirado nunha historia persoal do propio músico. Como cada mércores, falamos de artes escénicas con Roberto Pascual.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Programa especial de música clásica no que contamos co noso colaborador Luis Miguel Crespo para falar de “Triloxía”, un proxecto que nace da inquietude artística de tres agrupacións sinfónico-bandísticas veciñas: a Banda Municipal de Silleda, a Banda de Lalín, e a Banda Artística de Merza. E para coñecelo falamos cos seus directores;Rafa Agulló da Banda de Silleda, Santiago García da de Lalín, e David Fiuza da de Merza.

As tres agrupacións unen forzas para lanzar ó mercado cultural un proxecto en común: un concerto no que as tres bandas presenten un programa musical conxunto, relacionado e completo, no que cada unha das agrupacións interpreta un repertorio diferente, pero sempre conectado a un tema artístico sólido.

Esta Triloxía comezará o seu camiño o domingo 28 de abril de 2019, ás 17:00h no Auditorio da Semana Verde en Silleda, e farao coa Triloxía Romana do compositor italiano Ottorino Respighi.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe 23 de abril celebramos o Día do Libro facendo un repaso polas actividades programadas para este día en Galicia e tamén coñecemos a situación do libro electrónico que ven de cumprir 10 anos. Ademáis Ida Vitale recibiu esta mañá o Premio Cervantes.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Celebramos o Día do Libro dende a libraría Medio Conto da Coruña e o Museo de Arte Contemporánea de Vigo. No tempo de literatura, novas recomendacións da man de Armando Requeixo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Hoxe falamos con Suso ‘Chumeiras’, un dos integrantes do grupo A Companhia do Ruído que a finais de ano presentará un novo disco titulado ‘Disfruten as molestias’. Ademáis temos colaboración de arte con Rosario Sarmiento.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Comeza a XXXVI Semana Galega de Filosofía: “Filosofía e Fronteira” que organiza a Aula Castelao en Pontevedra. A encargada de dar a conferencia inaugural esta mañá foi a investigadora Saskia Sassen da Universidade de Columbia que analizou o poder e as desigualdades derivados da globalización baixo o título de “Formación depredadora vestidas con traxes de Wall Street e matemática aldorítmica”.

E tamén hoxe comeza a XX Mostra de Teatro Universitario de Galicia que se desenvolverá ata o 16 de maio. En total, dez traballos procedentes das tres universidades galegas conforman o programa desta vixésima edición que terá lugar no Teatro Principal e na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño en Santiago de Compostela. Hoxe, no Teatro Principal, comeza o ciclo a obra ‘Balas sobre Broadway’ de Tolemia Teatro da USC. Pero para coñecer toda a programación falamos con Roberto Salgueiro, director da Mostra de Teatro Universitario de Galicia.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Tradúcese ao galego a novela ‘O conto da criada’, de Margaret Atwood. No espazo de música tradicional con Emilio Españadero falamos do 70 aniversario de ‘Cantigas e Frores’.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 9:30

Tempo de literatura infantil e xuvenil coa escritora Pilar Serrano. Tamén falamos da nova exposición da artista plástica Verónica Moar. Como cada domingo, sección de ciencia con Manuel Vicente.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 9:30

Entrevistamos a Oliver Laxe, director do primeiro filme en galego no Festival de Cannes. Como cada sábado, falamos do audiovisual galego con Carlos Ares.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe falamos do loito das mulleres galegas porque este é o tema central da exposición “A SAÍA RAÍÑA”, unha exposición de testemuñas, a través de fotografías e de diferentes formatos audiovisuais,  nos que Rita Más mostra un traballo de campo que leva anos recollendo polas aldeas e cidades galegas.

Tamén Carlos Portela recoméndanos a edición que ven de sacar Panini de Conan ‘O Bárbaro’ e ‘Punto final’, a derradeira aventura de Gringo e Dani Futuro.

Pin It on Pinterest