PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 9:30

Presentamos a exposición da pintora coruñesa Fina Mantiñán. Como cada domingo, temos espazo de ciencia con Manuel Vicente.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 9:30

Falamos coa presidenta da Federación de Libreiros de Galicia, Pilar Rodríguez, co motivo do comeza da Feira do Libro . Tamén presentamos un concerto de badaladas que terá lugar este domingo día 28 en Tui. Como cada sábado, tempo de audiovisual galego con Carlos Ares, que hoxe fará un percorrido pola historia do cinema.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Hoxe comeza o FIV de Vilalba coas actuacións de La M.O.D.A., Miss Cafeina, Depedro, Marem Ladson e Sidonie Djs. E mañá será queda de Los Planetas, Iván Ferreiro, Dorian, Siloé e Cheese and Bacon Djs. Ademáis teñen preparadas moitas actividades paralelas que nos conta a responsable do FIV, Sandra Vázquez.

Tamén a nosa colaboradora de audiovisual, Beli Martínez, fálanos do Festival Primavera do cine de Vigo que comezou o 22 de abril e dura ata o 5 de maio. E recoméndanos moitos filmes novos.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe falamos con Pilar García Rego, autora do poemario “Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros” que ven de publicar a Editorial Xerais. E tamén co artista Daniel Abreu, premio Nacional de Danza 2014 por ‘La Desnudez’, un espectáculo co que estará mañá no Teatro Principal de Compostela.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

António Zambujo presenta o seu traballo Do Avesso este venres día 26 no Auditorio Mar de Vigo. Falamos con el sobre o traballo de produción do disco e sobre Galicia, a terra á que sempre quere volver. No tempo de literatura infantil e xuvenil, Montse Pena Presas recoméndanos O mundo en que vivín de Ilse Losa, traducida por Anxo Tarrío en Hércules edicións.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Nesta edición do Diario Cultural falamos co artista ferrolán Fer Patiño que conta con 40 obras en exposición no Centro Torrente Ballester de Ferrol que se poden ver ata o 12 de maio. Trátase dunha exposición titulada ‘Humo’ porque o fume é o elemento principal das súas obras. 

O noso colaborador Tito Lesende lémbranos as citas musicais máis importantes dos vindeiros días.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

O ciclo 1906 promove a reunión musical de Abe Rábade e Víctor Prieto nunha completa xira polos escenarios galegos. Hoxe no café Latino de Ourense, mañá no Clavicémbalo de Lugo sábado no Riquela Club de Santiago de Compostela e domingo no salón Regio de A Sede – RC Celta de Vigo. Para coñecer como xurdiu esta unión falamos con Abe Rábade, e tamén coa pensadora e escritora Remedios Zafra porque se está a desenvolver o ciclo Pensarmos do Consello da Cultura Galega e Zafra ofrece unha conferencia  sobre a posverdade, s fascismos dixitais, tecnopersoas, precarización da vida, perda de liberdades…..

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Imos ata a XX Mostra de Teatro Universitario da man da compañía Faísca Teatro e a Aula de Teatro María Castaña de Ourense. No tempo de cine, falamos das estreas desta semana con Moncho Lemos.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Dende hoxe celébrase na Universidade de Santiago o II Congreso Internacional “O Camiño do Medievalista: et Utreia”. Nel participan 40 institucións académicas de todo o mundo con relatores como Alba Rodríguez, que falará da moda medieval; ou Abel Lorenzo experto na violencia do medievo. Con eles falamos nesta edición do Diario Cultural. Tamén temos colaboración de Rut Balbís de artes do movemento.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

O investigador e profesor da Universidade de Coímbra, Boaventura de Sousa Santos participou esta mañá na XXXVI Semana Galega de Filosofía de Pontevedra. Ofreceu unha conferencia titulada ‘Epistemologias do Sur, fronteiras, zonas fronteiriças e plurinacionalidades’.

Ademáis hoxe coñecimos ao novo Premio Princesa de Asturias das Artes. Peter Brook, e falamos do seu concepto de ‘espazo baleiro’ con Alfonso Becerra, profesor da ESAD.

Pin It on Pinterest