PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Nesta edición do Diario Cultural falamos con Ángel Rueda, director do Festival S8- Mostra Internacional de Cinema Periférico, que se desenvolverá do 31 de maio ao 9 de xullo na Coruña.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

A Orquestra Vigo 430 ofrece ‘Escoitantes’, un proxecto para aprender a escoitar música. Falamos con Cándido Cabaleiro Paz, profesor superior de piano e mestre de Educación Musical. Como cada mércores, teatro con Roberto Pascual.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

A Gala do Libro Galego entrega os premios aos mellores traballos editoriais do 2018 este sábado día 11 de maio no Teatro Principal de Santiago. E entre os finalistas de todas as categorías atópanse Montse Penas Presas, finalista de ensaio; Enma Pedreira en narrativa;  María Canosa en Infantil e Xosé Tomás, finalista na categoría de banda deseñada. Con todos eles falamos no Diario Cultural.

Hoxe tamén colaboración de música clásica con Luis Miguel Crespo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe no Museo do Pobo Galego celébrase a Xornada Internacional de Museoloxía titulada ‘Usos do pasado: memoria, patrimonio, museoloxía e construción da democracia’ e coordinada por Paula Godinhoa da Universidade Nova de Lisboa. Tamén hoxe presentouse en rolda de prensa a Gala do Libro Galego que se celebrará o vindeiro sábado día 11 de maio no Tetaro Principal de Santiago. E máis presentacións, neste caso a do Festival de Cans, e falamos con Abel Gallego Rodríguez, membro da organización dese festival.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Descubrimos as migracións da man da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Hoxe achegámonos ao mundo de Jules Verne grazas ao proxecto ‘Escenas para unha viaxe submarina’ da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia que se expón no MARCO de Vigo. Coñecemos este traballo co seu coordinador e profesor da ESAD Ricardo Solveira.

Tamén a nosa colaboradora de arte, Rosario Sarmiento achéganos a homenaxe a pintora Berta Caccano, tras un ano do seu falecemento, o día 10 de maio no CGAC; e a mostra ‘Terra de soños’ da fotógrafa Cristina García Rodero, a única española que forma parte da axencia Magnum.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Neste Diario Cultural falamos con María Infantes e Din Matamoro, autora e ilustrador do libro “Mondas” que ven de publicar Euseino? Editores. Os debuxos naturais do pintor Din Matamoro son o motivo deste libro. Ademais coñecemos que o Premio Primavera do Cine á mellor longa galega é para  ‘La felicidad de los perros’ de David Hernández.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Entrevistamos á escritora Malores Villanueva, autora da biografía de Antonio Fraguas. No espazo de axenda repasamos as novas culturais da semana. Entre elas, a presentación do último proxecto de Ugía Pedreira.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

O Diario Cultural emite hoxe un programa especial dende o Coliseum da Coruña donde esta noite actuará o fundador dos ‘Dire Straits’, Mark Knopfler, coa súa xira mundial ‘Down the road wherever’. 

Temos con nós ao noso colaborador Tito Lesende e a óscar Rosende da banda tributo a Knopfler.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Comeza a segunda edición do festival de Música Contemporánea Resis que se celebra na Coruña ata o 1 de xuño. No festival inclúese música contemporánea, interpretación, promoción do patrimonio, apoio ao talento novo e o diálogo entre as  diferentes disciplinas artísticas. No Diario Cultural falamos co seu director, Hugo Gómez-Chao Porta.

Tamén coñecemos a Mostra de Teatro Cómico de Cangas coa súa diretora, María Armesto

Pin It on Pinterest