Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Miguel Anxo Seixas publica a primeira biografía de Castelao, na Editorial Galaxia. Como cada luns, tempo de música tradicional con Emilio Españadero.
Miguel Anxo Seixas publica a primeira biografía de Castelao, na Editorial Galaxia. Como cada luns, tempo de música tradicional con Emilio Españadero.
O antropólogo Xosé Manuel González Reboredo afonda na figura de Antonio Fraguas; repasamos as obras premiadas na cuarta Gala do Libro Galego; escoitamos os novos traballos de Dios Ke Te Crew e de Bifannah
Repasamos os premiados na cuarta edición da Gala do Libro Galego; imos ata Ponteceso, onde comeza o Festiletras; e como cada domingo falaremos de ciencia e cultura con Manuel Vicente
Conversaremos con Gonzo, o xornalista vigués que vén de presentar en Santiago un documental sobre as migracións; coñeceremos a primeira novela de Eduard Velasco; e estará con nós o presidente da Academia Galega do Audiovisual.
Neste Diario Cultural recordamos a artista Berta Cáccamo, falecida o 11 de maio de 2018 aos 54 anos. Hoxe o Centro Galego de Arte Contemporánea acolle un homenaxe á artista no que participarán Santiago Olmo, Carlota Álvarez Basso, Juan Martínez de la Colina, Xosé María Álvarez Cáccamo, Juan de Nieves, Miquel Mont e Anne-Marie Cornu.
A escritora Arantza Portabales publica a novela ‘Beleza Vermella’. Como cada venres, tempo de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena.
Hoxe emitimos unha das entrevistas en profundidade con coñecedores da vida e obra de Antonio Fraguas.
No marco da programación especial das Letras Galegas 2019, María Solar entrevista a Adolfo de Abel Viela, historiador lucense e biógrafo e amigo de Antonio Fraguas.
Tamén escoitamos un novo capítulo das teatralizacións da obra de Fraguas e despedimos a Toñito Pedreira, vocalista de Riff Raff.
Hoxe comeza a sexta edición do Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación, da Rede Museística Provincial de Lugo que tratará o tema ‘Redefinindo o Museo. Innovación, ferramentas de traballo e estratexias de xéneros’. Un congreso que se vai desenvolver nos museos da Rede Museística Provincial ata este sábado 11 de maio. Coñecemos todos os detalles da man de Encarna Lago, xerente da Rede Museística e directora do Museo Provincial de Lugo.
E hoxe tamén falamos con Margarita Sánchez Romero, profesora titular de Prehistoria e Arqueoloxía da Universidade de Granada, é unhas das persoas detrás do proxecto Pastwomen; unha web que busca dar a coñecer as investigacións en arqueoloxía e historia vinculadas ao estudo da cultura material das mulleres.
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu este mércores os Premios Martín Códax da Música. Neste Diario Cultural falamos con algúns dos premiados como Su Garrido Pombo, Baiuca e Marcos Teira.
Nesta edición do Diario Cultural coñecemos ‘O ciclo da serpe’ o novo disco de Dios ke te Crew e falamos co integrantes da banda de rap de referencia en Galicia. Tamén temos colaboración de artes do movemento con Rut Balbís.