PodCast

César Llana no Diario Cultural

Falamos co director do Museo Etnolóxico de Ribadavia polo Día Internacional dos Museos.

Encarna Lago no Diario Cultural

Conversamos coa xerente da Rede Museística de Lugo no Día Internacional dos Museos.

Diario Cultural das 09:30

Polo Día Internacional dos Museos falamos coa xerente da Rede Museística de Lugo,
Encarna Lago, e co director do Museo Etnolóxico de Ribadavia, César Llana. Acompáñanos como cada sábado o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Nesta edición do Diario Cultural falamos con Carlos Blanco e Touriñán que xa están de xira polos teatros galegos con ‘Unha noite na praia’, o espectáculo teatral escrito e dirixido por Javier Veiga. Ademáis temos colaboración de banda deseñada con Carlos Portela.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe falamos co cineasta galego Oliver Laxe que está seleccionado para competir na sección ‘Unha certa mirada’ do Festival Internacional de Cine de Cannes co seu terceiro traballo “Aquilo que arde”.

Tamén coñecemos o libro “Antonio Fraguas Fraguas. Estancias vitais dun mestre sabio”, de María Xosé Fernández, con motivo das Letras Galegas; e a partitura ‘Aires galegos’, de Andrés Gaos, publicada na colección Agra Vella.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O grupo Leilía presenta o espectáculo ‘CantarElas’ para celebrar o seu 30 aniversario. Como cada mércores, falamos de teatro con Roberto Pascual.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Nesta edición do Diario Cultural ímos ata o Museo do Pobo Galego que inaugura hoxe a exposición sobre a Antonio Fraguas, homenaxeado das Letras Galegas 2019. Tamén coñecemos o cartaz e as actividades complementarias do Festival PortAmérica; e Alba Cid achéganos á figura de Rosalía de Castro.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

A Editorial Xerais publica a tradución ao galego de ‘Astérix en Britania’. Na semana das nosas letras falamos de libros sobre Antonio Fraguas con Armando Requeixo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Nesta edición do Diario Cultural escoitamos a entrevista de Ana Romaní ao dircetor do Museo do Pobo Galego, Clodio González, no marco da programación especial das #LetrasGalegas2019.

Clodio González fai un repaso da época estudantil de Fraguas, primeiro en Pontevedra e posteriormente en Santiago, para logo centrarse na súa labor de mestre na Estrada, nos anos da represión franquista nos que perde a cátedra, na recuperación de praza en Lugo e na súa labor ao fronte do Museo do Pobo Galego: o gran proxecto etnográfico de Fraguas. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Nesta edición do Diario Cultural falamos do Festival de Títeres Redondela co seu director, Luis Crespo; e tamén co comisario da décimo cuarta edición da Bienal Pintor Laxeiro, o pintor Álvaro Negro.

Pin It on Pinterest