PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45


Hoxe falamos co arpista Manuel Vilas que esta noite actuará xunto con Laura Puerto na Casa do Saber da USC. O dúo de arpistas presentará o seus espectáculo “Las Arpas Sonorosas”. Ademáis tamén escoitamos ao presidente da Asociación Galega da Crítica, Mario Regueira, porque hoxe entréganse os Premios da Crítica 2018 e Pilar Pallarés e Antón Lopo foron os galardoados en poesía e narrativa respectivamente, polo poemario Tempo fósil e a novela Extraordinario.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Máis dun cento de estudantes de conservatorios galegos ofrecen concertos arredor da Vía da Prata, no marco do proxecto Camiños Sonoros. No tempo de literatura con Armando Requeixo falamos das novas novelas de Ledicia Costas e Rivadulla Corcón.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Hoxe falamos con Amador Arias, actor protagonista de ‘O que arde’.  O filme do galego Oliver Laxe que ven de gañar o Premio do Xurado no Festival de Cannes.  Tamén escoitamos a nova canción de Terbutalina, un adianto do seu novo disco no que están a traballar.

E coma cada luns, Rosario Sarmiento, fálanos de arte.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Neste Diario Cultural falamos do traballo do artista Xosé M. Buxán Bran no que busca reivindicar o amor igualitario. Para eso o Concello da Coruña visibiliza a pluralidade e a diversidade sexual coa exposición fotográfica ‘De par en par’ que se pode visitar na Casa Museo Casares Quiroga e na na Fundación Luís Seoane.

Ademáis coñecemos a reacción do cineasta Oliver Laxe e de Xavi Font, da productora Miramemira, polo Premio do Xurado na sección ‘Unha certa Ollada’ de Cannes para ‘O que arde’.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Comeza o Rexenera Fest de Carballo, un proxecto para transformar os muros da vila en obras de arte. No tempo de música tradicional con Emilio Españadero falamos do grupo Arxe e da publicación do seu primeiro traballo discográfico.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Hoxe coñecemos a obra “Agni e a chuvia” da tradutora e profesora Dora Sales e que trata o tema do traballo infantil. Está ilustrado por Enrique Flores e publicado por Kalandraka.

Tamén temos colaboración de audiovisual con Beli Martínez.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe falamos da estrea en salas de ‘Elisa e Marcela’, a película de Isabel Coixet producida pola compañía compostelá Zenit TV co apoio da Xunta de Galicia, e despois da súa estrea na Berlinale. Ademais a platafoma dixital Netflix estrearáa o 7 de xuño e para o vindeiro ano 2020 poderase ver na TVG. Coñecemos mais detalles con Narciso de Gabriel, autor do libro “Alén dos homes” sobre a vida de Elisa e Marcela; e con Zaza Ceballos de  Zenit TV.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Comeza o festival ‘Elas son artistas’, pola igualdade na cultura. Como cada venres, tempo de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Programa especial do Diario Cultural dende o Festival de Curtas de Cans que se está a celebrar durante estes días. Estamos acompañados polo coordinador do Festival, Abel Gallego, e ademáis polos nosos micrófonos pasaron Adrián Canoura, que compite na categoría Furacans con ‘Caerán lóstregos do ceo’;  Mariana Carballal co proxecto Orballo; Gaspar Broullón, director de produción de ‘Eroski Paraiso’ filme que inaugura hoxe as proxeccións no Festival; e a directora de fotografía Lucía Catoira.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Neste Diario Cultural falamos con Antón Reixa, amigo do pintor coruñés Jorge Cabezas que sufriu un ictus fai 5 anos. Esta noite organizan un concerto de recollida de fondos para a súa recuperación acompañado dunha exposición na Fundación Luis Seoane.

Tamén hoxe coñecemos a última obra de Manuel Darriba titulada ‘Santa Morte ‘

Pin It on Pinterest