Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30
Descubrimos o festival ‘Viñetas desde o Atlántico’. Como cada luns, tempo de música tradicional con Emilio Españadero.
Descubrimos o festival ‘Viñetas desde o Atlántico’. Como cada luns, tempo de música tradicional con Emilio Españadero.
Roi Vidal, autor de “As Máscaras Blancas”, e tamén con Fátima Brañas, astrofísica da UVIGO, sobre a relación entre a astronomía e a cultura popular porque esta noite realizase unha actividade no Club Náutico de Castrelo de Miño.
Comeza a décima edición da Mostra de Cinema Periférico na Coruña. No tempo de literatura infantil e xuvenil falamos con Montse Pena da nova novela de instituto: Un de nós mente, en Sushi Books.
Neste Diario Cultural conversamos con Pedro Pascual productor de ‘Amarelo’, o novo traballo discográfico de Davide Salgado no que mestura cancións tradicionais galegas con textos do escritor, guinista e actor Manolo Cortes.
Tamén temos colaboración de banda deseñada con Carlos Portela.
Mañá preséntase no Auditorio de Padrón o libro ‘Cartas a Murguía (1886-1923)’ dos autores e académicos Xosé Ramón Barreiro Fernández e Xosé Luís Axeitos. No Diario Cultural falamos con Xosé Ramón Barreiro para coñecer as 501 cartas que recolle este libro de máis de 300 remitentes e nas que se narra o comezo da ideoloxía rexioalista galega.
Tamén falamos con Fefa Noia, directora do Centro Dramático Galego que ven de comunicarlle a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) que deixará o seu posto en outubro para emprender novos cometidos profesionais.
Amigos e compañeiros de Xabier Docampo organizan unha homenaxe para lembrar a figura do escritor. O acto ‘Na voz da amizade’ terá lugar esta tarde na Coruña. Como cada mércores, falamos de teatro con Roberto Pascual.
Programa especial dende o Museo do Pobo Galego onde ten lugar esta tarde a entrega de premios do I Certame de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera. Un certame ao que s epresentaron 40 traballos de centros das catro provincias galegas e que teñen como fío conductor a vida de Antonio Fraguas, o homenaxeado das Letras Galegas 2019.
O Certame nace como unha homenaxe a Xosé Mosquera Pérez, máis coñecido como O vello dos contos da emisora santiaguesa Unión Radio Galicia, situada no Museo do Pobo Galego nos anos 30