PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Estase a celebrar o Congreso da Asociación de Estudos sobre Discurso e Sociedade que reúne máis de 200 especialistas en Santiago.Un Congreso que en ediciósn anteriores tivo lugar en  Sevilla, Coímbra, e Barcelona. O tema deste ano é ‘Voces, silencios e silenciamentos nos estudos do discurso’ e coñecemos todos os detalles con Luz Zas , da organización do Congreso da Asociación de Estudos sobre Discurso e Sociedade; e Xosé Luís Regueira Fernández, un dos autores da ponencia de “Cambio lingüístico, ruralidade e creación de novas identidades sociais”

Ademáis coñecemos o libro ‘MNemea’ que ven de publicar a Editorial Galaxia, da man do seu autor, Xosé Duncan.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Comeza a oitava edición de Sete Falares, o Encontro Internacional de Contadores de Historias de Pontevedra. Como cada xoves, falamos das estreas de cine con Moncho Lemos.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Neste ‘Diario Cultural’ falamos co actor galego Sergio Pazos sobre a nova serie de ficción da TVG ‘Auga Seca’; un thriller de seis capítulos ambientado entre Vigo e Lisboa, e conta a historia de Teresa, interpretada pola actriz portuguesa Victoria Guerra, unha muller que decide infiltrarse nunha organización criminal para vingar a morte do seu irmán. Unha trama que xirara ao redor da brigada de tráfico de armas e crimen organizado que dirixe o inspector Viñas ao que interpreta Sergio Pazos.

Tamén temos colaboración de artes do movemento con Rut Balbís que nos fala do Galicia Escena Pro.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

O libro ‘Lugares’ de Vari Caramés é semifinalista dos premios Foto España.
Falamos con Suso Vázquez Gómez, un dos promotores da Fabulatorio,a  editorial de ‘Lugares’, e tamén coa artista Elena Colmeiro que hoxe inaugura a exposición ‘Construyendo con los materiales. Elena Colmeiro. 1958-2016’ na Casa das Artes de Vigo.


Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Descubrimos as últimas novidades do Festival de Ortigueira co seu coordinador, Alberto Balboa. No tempo de teatro con Roberto Pascual falamos do centenario da Coral de Ruada de Ourense.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Programa especial sobre música contemporánea co noso colaborador Luis Miguel Crespo.

A palabra contemporánea úsase para designar aquelas composicións ou aqueles movementos artísticos musicais que foron nacendo nos últimos anos, e hoxe coñecemos o proxecto Container, que é unha plataforma internacional que realiza actividades en América e Europa, sempre propoñendo nos seus programas a máis nova creación e experimentación visual e sonora.

Container Galicia nace co propósito de aportar á escena musical galega sistemas de produción e intercambio artísticos que xeren contextos propicios para a creación de novas estéticas musicais. Os seus compoñentes son: Sara Méndez, saxofonista natural de Sober; Pablo Paz, percusionista de Pontevedra; a pianista María Domínguez, de Ourense; e o compositor e artista multimedia vigués Pedro González.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Hoxe falamos da décima edición da Mostra de Cinema Periférico da Coruña, ou S8, que se está a celebrar nestes días porque hoxe arranca o Ciclo Jonás Mekas, unha homenaxe ao cineasta, considerado o pai do cinema experimental, falecido a comezos de ano.
E tamén coñecemos a xornada sobre videoxogos que está a ter lugar no Marco de Vigo, da man da deseñadora de videoxogos e profesora da USC, Luz Castro.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Descubrimos o proxecto musical Sesións Destelo. Como cada martes, temos recomendacións literarias con Armando Requeixo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

‘El primer loco’ é a derradeira novela de Rosalía de Castro e editora Albarellos ven de publicar unha edición facsimilar e ilustrada desta obra que conta con ensaio previo de María do Cebreiro e Germán Labrador, especialistas da obra de Rosalía de Castro.

Falamos con Henrique Alvarellos, editor do libro, e con María do Cebreiro. 

Tamén temos recomendación de arte con Rosario Sarmiento.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Neste Diario Cultural falamos co director do CGAC, Santiago Olmo, xa que tamén dirixe o proxecto ‘We Refugees’ que se inaugurará o 28 de xuño. Trátase dunha exposición que aborda a universalidade da experiencia do exilio e o dereito de asilo nas sociedades democráticas contemporáneas.

Ademáis María Silva, unha das integrantes de Tanxedoras, cóntanos como vai a ser o concerto do vindeiro sábado en Vigo no que estarán acompañadas por Roberto Comesaña ao acordeón.

Pin It on Pinterest