PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

Falamos das IV Xornadas Fundación Manolo Paz e da conferencia do arquitecto Álvaro Siza. Tamén presentamos o Encontro Galego de Cultura Popular. Os venres de verán falamos de audiovisual con Beli Martínez. Nesta ocasión presentamos os Premios Crea. O cineasta Oliver Laxe recibe un galardón pola internacionalización do noso cinema. As mulleres de Teño unha horta en San Sadurniño reciben o premio á igualdade por poñer en valor o rural e achegar as novas tecnoloxías ás mulleres de San Sadurniño.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O gaiteiro Carlos Núñez conecta a música celta co patrimonio galego a través dunha xira por lugares máxicos de Galicia. Como cada venres, tempo de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

Os xoves son días de música con Tito Lesende. Hoxe falamos do ciclo TerraZeando. Unha proposta musical para dinamizar as rúas de Compostela nestas tardes de verán. Tamén falamos de dous citas musicais moi importantes en Galicia: o Portamérica e o Resurrection Fest.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Comeza o Festival Internacional de Peregrinos Musicais e falamos coa fundadora Ilona Timchenko e coa violinista Bruktawit Martins González.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

Os mércores son días de música clásica con Luís Miguel Crespo. A segunda edición do Serán do Gaiás pon en valor as bandas de música de Galicia, unha manifestación artística moi arraigada á cultura galega.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Comeza o Festival Clas Clas, de música clásica de Vilagarcía. Como cada mércores, tempo de teatro con Roberto Pascual.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

Os martes de verán temos colaboración de poesía con Alba Cid. A editorial Laiovento publica ‘Caderno dun regreso á terra natal’, do escritor Aimé Fernand David Césaire.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O escritor Moncho Iglesias participa no ciclo “O mundo desde aquí”, do IGADI. O seu último libro é o poemario Tren, sobre os seus anos na China. No tempo de literatura, Armando Requeixo recoméndanos dúas novelas: Beleza vermella e Galileo no espello da noite.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Falamos con Fernando Fernández Rego, autor da enciclopedia “Unha historia da música en Galicia. 1952-2018″, publicada na Editorial Galaxia. Hoxe inauguramos sección de luns sobre banda deseñada, con Carlos Portela.

Pin It on Pinterest