PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

Comentaremos o Resurrection Fest e o Portamérica, dous festivais que poden seguir a través de Radio Galega Música. Tamén falamos de Elena Gallego Abad, autora de Dragal V. O segredo do dragón, en Xerais. Como cada venres, temos colaboración de Beli Martínez.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O grupo de teatro escolar Sardiña cambiou a vida de alumnos como Lucía Regueiro. Falamos co seu director, Ricardo Martín. No tempo de literatura, Montse Pena Presas recoméndanos ler ‘Alicia no país das marabillas’.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

Comeza o Festival PortAmérica en Caldas de Rei. Tamén falamos con Tito Lesende do Resurrection Fest.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Manuel Vilar é o novo director do Museo do Pobo Galego. Falamos con el neste Diario Cultural. Como cada xoves, tempo de cine con Moncho Lemos.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

Falamos do comezo do Resurrection Fest. Tamén presentamos a XV Edición do Encontro Internacional Zona de Zanfona. Como cada mércores de verán, temos colaboración de música clásica con Luís Miguel Crespo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Falamos da figura de Galileo Galileo a través do último libro de Xabier Paz: ‘Galileo no espello da noite’. Como cada mércores, tempo de teatro con Roberto Pascual.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

Falamos dos inicios do Festival de Lorient. O evento de danza Corpo(a)terra comeza a súa parte formativa en Ourense. Tamén presentamos as últimas actividades do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Imos ata o San Simón Fiddle, un campamento de música para a rapazada. No tempo de literatura, escoitamos as recomendacións de Armando Requeixo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

Falamos do libro Dragal V. O segredo do dragón, de Elena Gallego Abad e publicado na editorial Xerais. Tamén presentamos as Xornadas do Proxecto María Balteira.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

A Mostra de Cangas e o Singlot únense polo humor no teatro. Como cada luns de verán, sección de banda deseñada con Carlos Portela.

Pin It on Pinterest