PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

Falamos co escritor Anxo Angueira de Abride a Fiestra. Rosalía en Festa 2019 . Tamén presentamos a exposición Lalibela, cerca do ceo, de Cristina García Rodero. Como cada venres de verán, temos colaboración de Beli Martínez.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O cineasta galego Eloy Domínguez Serén presenta na Radio Galega o seu documental ‘Hamada’, unha visión do conflito saharauí desde unha perspectiva diferente. Como cada venres, temos recomendacións de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

Falamos con Emilio Españadero do Festival de Ortigueira. A emisora Radio Galega Música emite en directo todos os concertos do evento. Ademais, o programa Lume na Palleira fará unha emisión especial o vindeiro domingo a partir das 17h no Teatro de Beneficencia. Como cada xoves de verán temos colaboración de música con Tito Lesende.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Descubrimos The Waylanders, un videoxogo galego que forma parte do congreso Mundos Dixitais. Como cada xoves, temos cine con Moncho Lemos.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

Falamos da exposición Vari Caramés, da Fundación Luis Seoane. O arquivo dixital de Valle-Inclán recibe o Premio de Humanidades Dixitais Hispánicas.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Tradúcese ao galego a novela “Soñan os androides con ovellas eléctricas?” da película “Blade Runner”. Falamos co tradutor da obra, Fernando Moreiras. Como cada mércores, tempo de teatro con Roberto Pascual.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

Hoxe revisaremos ‘Un libre favor’, de Chus Pato e publicado na Editorial Galaxia. Como cada martes de verán, temos colaboración de poesía con Alba Cid.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Falamos do último informe sobre o cine en Galicia e a situación do noso audiovisual. Tamén coñecemos un exemplo de arte colectiva. No tempo de literatura, novas recomendacións con Armando Requeixo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

A Fundación Laxeiro súmase ás actividades programadas por mor do Ano Faílde, unha iniciativa para reivindicar a figura e obra de Antonio Faílde. Tamén presentaremos o Atlantic Fest e a XIV Edición da Bienal de Lalín.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Un grupo de estudantes estranxeiros chega a Galicia para poñer en práctica os seus coñecementos de galego, no marco dun curso de verán que organiza a Real Academia Galega. Como cada luns de verán, tempo de banda deseñada con Carlos Portela.

Pin It on Pinterest