PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

Homenaxe a Antón Tovar nos Premios Ínsua dos Poetas 2019. No Diario Cultural entrevistamos a Luís González Tosar, escritor e presidente do Padroado da Fundación Ínsua dos Poetas. Como cada venres de verán, temos colaboración de Beli Martínez.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Programa especial desde a Mostra de Teatro de Ribadavia. Participan: Roberto Pascual, director do MIT; Alicia Laguna, da compañía mexicana Teatro Línea de Sombra; Luciano Rosso e Nicolás Poggi, da compañía arxentina Un poyo rojo; e Pablo Reboleiro, da compañía galega Pista Catro, premio de honra da MIT.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

Presentamos a exposición Cinco Vidas, unha vida. A metalurxia do Bronce Final na colección arqueolóxica da Universidade de Santiago. No Diario Cultural entrevistamos a Xosé Lois Armada, comisario desta mostra. Como cada xoves de verán temos colaboración de música con Tito Lesende.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O príncipe florentino Cossimo III de Medici peregrinou a Compostela cun artista que ía debuxando os lugares polos que pasaban. O profesor de Historia da Arte Miguel Taín Guzmán publica un novo traballo sobre esta viaxe. Unha investigación que proporciona información relevante sobre o Santiago do século XVII. Como cada xoves, temos sección de cine con Moncho Lemos.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

A novela “Carrusel” de Berta Dávila recibe o XXXI Premio de Novela Manuel García Barros. Temos entrevista coa escritora neste Diario Cultural. Como cada mércores de verán, falamos de música clásica con Luís Miguel Crespo.

Podcast ‘Diario Cultural’ da 10:30

Entrevistamos a Narciso de Gabriel, autor do libro Alvarez Blázquez, mestre republicano. Como cada mércores, temos sección de teatro con Roberto Pascual.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

O Consello da Cultura Galega estrea en Carnota un documental que homenaxea as mulleres anónimas do Pindo. “As mulleres co mundo na cabeza” é un recoñecemento ao traballo das mulleres que transportaban materiais na súa cabeza para levar a súa familia e que non deixaron ningunha pegada nos rexistros oficiais.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Escoitamos as Cancións clínicas de Chicharrón, que este venres actúan en Carballo. No tempo de literatura, Armando Requeixo convídanos á lectura de dúas novelas traducidas recentemente ao galego: Soñan os androides con ovellas eléctricas? e Ourika.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

Falamos con Pedro Rielo, autor de ‘Detrás dos perdidos’, publicado en Edicións Embora. Tamén presentamos o curso de formación do profesorado do proxecto Lova, unha iniciativa de formación de ópera nas aulas.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O proxecto Imaxinando Compostela é a nova aposta cultural do Xacobeo 2021. Falamos coa súa comisaria, Mercedes Rozas. Como cada luns de verán, temos sección de banda deseñada con Carlos Portela.

Pin It on Pinterest