PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

Falamos da estrea do Festival da Luz, o Revenidas e Pardiñas. Descubrimos todos os segredos con Alfonso Blanco, Xoán Quintás e Luz Casal. A artista de Boimorto anunciou esta mañá que ofrecerá concerto no Festival da Luz.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

A Praza da Quintana acolle hoxe o concerto entre a Real Filharmonía de Galicia e Abraham Cupeiro, para presentar o seu disco “Os sons esquecidos”. Armando Requeixo recoméndanos dúas novelas: Camiño de paixóns, de Carlos Meixide, e mais Fuxir de Proxeria, de Manuel Blanco Desar.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

Facemos balance da Bienal Pintor Laxeiro de Lalín co seu comisario, Álvaro Negro. Estreamos contido na sección de “na voz de” co volume Partituras, publicado en Laiovento. Como cada luns de verán, temos sección de artes plásticas con Rosario Sarmiento.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

Entrevistamos a Luísa Merelas, mención de honra nas Xociviga. Como cada luns de verán, temos colaboración de banda deseñada con Carlos Portela.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

Falamos do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra e presentamos o poemario Inscricións, de Carlos Callón. Neste venres de verán temos colaboración de música clásica con Luís Miguel Crespo e tempo de audiovisual con Beli Martínez.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

O grupo lugués Berta Franklin actúa este sábado nos Atardeceres do Gaiás. Falamos con eles neste Diario Cultural. Como cada venres, Montse Pena recoméndanos libros para a rapazada.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

Falamos da décima edición da Bienal de arte de Sarria,  que reúne 150 obras de artistas de 17 países, que traballarán nas rúas da vila con materiais reciclados. Este encontro artístico de vocación internacional foi promovido polo escultor sarrián José Díaz Fuentes, finado en 2010, e pode visitarse en Sarria e Triacastela ata o 18 de agosto. Como cada martes de verán, temos colaboración de poesía con Alba Cid.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

A compañía Chévere estrea Curva España na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. No tempo de literatura con Armando Requeixo falamos de dúas novidades: a novela Un vento que pasa, de Alfredo Conde; e o libro de relatos Bock de cerveja, de José Alberte Corral Iglesias.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:30

Presentamos a exposición “Galicia, un relato no mundo”, no marco do Xacobeo 2021. Falamos co seu comisario, Manuel Gago. Como cada luns de verán, temos colaboración de arte con Rosario Sarmiento.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 10:30

A Editorial Galaxia publica en galego “O voto feminino e mais eu”, de Clara Campoamor. Neste Diario Cultural falamos coa tradutora, María Reimóndez; e con Celia Pereira, autora do prólogo. Como cada luns de verán, temos colaboración de banda deseñada con Carlos Portela.

Pin It on Pinterest