PodCast

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:30

Estréanse en Locarno a curtametraxe 16 de decembro, de Álvaro Gago – o regreso do autor de Matria -, e a nova longametraxe de Eloi Enciso, Longa noite, un filme que compite polo Leopardo de Ouro do festival suízo.

No Diario cultural tamén falamos de O mundo dos vivos, o novo poemario de Samuel Solleiro, que publica Chan de Pólvora Editora.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:30

A gaiteira María López gaña o Trofeo McCrimmon do Festival de Lorient. Na colaboración de Rosario Sarmiento falamos do XI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:30

Comeza o Festival Revenidas en Vilaxoán. Na colaboración de Cibrán Tenreiro xogamos coa imaxinación para adiviñar como cremos que é o videoclip de A túa gravidade, de Chicharrón.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:30

Falamos dos Encontros Arraianos de Cinema Rural, así que no Diario culturalimos ata Entrimo e Lobeira. No tempo de música con Tito Lesende falamos do Festival Noroeste.

Podcast ‘Diario cultural’ das 14:30

Falamos do Festival Intercéltico de Lorient co noso colaborador Luís Miguel Crespo, que nos conta en directo todos os segredos deste evento.

Pin It on Pinterest