PodCast

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

A banda de underground vigués Frying Luras celebra os seus 20 anos de traxectoria coa presentación dun novo disco. No tempo de audiovisual galego con Beli Martínez falamos de dúas mostras: ‘Cinemas Ocultos’ de Cangas e ‘Mulleres, patrimonios e sociedade’ de Vigo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

En Carballo comeza o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT). Na cidade das Burgas temos o Ourense Film Festival.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Falamos da nova edición de Lúas de Outono, unha homenaxea o escritor Manuel María.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

O escritor e xornalista Anxo Quintela, que exerce a súa profesión na CRTVG, acaba de ser galardoado polo Ministerio de Cultura e Deporte co Premio Nacional de Periodismo Cultural 2019, dotado con 20.000 euros.

O xurado motivou a súa elección “pola súa traxectoria en múltiples campos do xornalismo cultural en lingua galega: na Radio Galega, con ‘Diario Cultural’, e na TVG, con ‘O agro’. Pola súa continuada implicación no coñecemento e difusión da cultura rural, ás veces dasatendida, contribuíndo á súa lexitimación como parte da cultura nun sentido amplo”.

Anxo Quintela naceu en Vigo en 1960. Amais da súa traxectoria no xornalismo, tamén é poeta, tradutor e actor e realizou distintos proxectos culturais de difusión de poesía, música e lingua galega.

Pin It on Pinterest