PodCast

Podcast do Diario Cultural das 10:30

‘Shakespeare ou tiña a Mofa e Befa ou botábaos de menos’

Quico Cadaval dirixe a comedia negra ‘Medida x Medida’ unha adaptación de Producións Excéntricas da obra de Shakespeare en coprodución co FIOT e que se estrea hoxe en Carballo. 

Revisamos clásicos coa nosa especialista en literatura infantil e xuvenil Montse Pena Presas. Comentario arredor dos libros ‘Da Carapuchiña ao señor Lamote. Clásicos da literatura para a infancia e a mocidade en lingua galega’ de Miguel Vázquez Freire que publica Xerais e de ‘A verdadeira historia da carapuchiña vermella’ unha adaptación da Asociación Bata que publican Kalandraka.2 archivos adjuntos

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

O xurado do premio teatral Rafael Dieste, convocado pola Deputación, otorgou o galardón ao profesor Fernando Castro Paredes, docente no instituto Fernando Blanco, de Cee, pola obra ‘Amorodo agre’. No Diario Cultural entrevistamos a Fernando Castro.

Na voz de Manrique Fernández falamos da novela ‘Os anxos indecisos’, da Editorial Galaxia.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

A Editorial Galaxia publica ‘A pluma insubmisa. Ensaios inéditos de Manuel García Barros’, un traballo de recompilación realizado por Carlos Loureiro Rodríguez e Xesús Domínguez Dono. Tamén falamos do Festival Internacional de poesía Keruac, en Vigo, co seu coordinador, Marcos de la Fuente.

O director de cine Xavier Bermúdez presentou o comezo da rodaxe da súa seguinte película. Un proxecto enlazado co filme ‘León e Olvido’, que protagonizara Marta Larralde e Guillén Jiménez. Agora volven ser protagonistas xunto a actores galegos coma Monti Castiñeiras.

Rematamos con música do mestre do blues británico, John Mayall, que actúa este 2 de outubro no Teatro Colón da Coruña.

Pin It on Pinterest