PodCast

Podcast do Diario Cultural das 10:30

No #DíadaCienciaenGalicia coñecemos o proxecto de divulgación Moléculas en galego, unha iniciativa do químico pontevedrés Javier Brea Balea.

Armando Requeixo convídanos á lectura de dúas novelas traducidas: Dende Finlandia con amor, de Roman Schatz, e A virtude de Checchina, de Matilde Serao.

Podcast do Diario Cultural das 10:30

’24 instrumentos populares galegos’, un concerto chega hoxe ao San Froilán de Lugo e Marcial del Adalid no centro do primeiro Ciclo de Piano de Redondela.

Podcast ´Diario Cultural´ das 9:30

Descubrimos o mundo e as súas fronteiras a través do cine de Óliver Laxe e da poesía da iraquí Manal Al Sheikh. A súa vez, Manuel Vicente descóbrenos algúns dos científicos e historias que agacha a táboa periódica dos elementos.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 9:30

Falamos do Sanfroidance e da Mostra de Música Tradicional de Lugo. No tempo da colaboración, Ana Míguez anúncianos o prazo para inscribir os traballos audiovisuais que competirán nos próximos premios Mestre Mateo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Programa especial sobre o Festival Curtocircuíto con Beli Martínez.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

A sensación da IX edición do Festival Kerouac será o regreso aos escenarios do grupo pioneiro de resistencia poética “Rompente”. Reixa, Romón e Avendaño volven 40 anos despois da súa aparición artística para recordarnos quen abriu o camiño da poesía experimental na nosa cidade.

Neste Diario Cultural entrevistamos a Manolo Romón e a Antón Reixa. Na voz de Manrique Fernández escoitamos a novela ‘Os anxos indecisos’, da Editorial Galaxia.

Pin It on Pinterest