PodCast

Podcast do Diario Cultural das 10:30

O fotógrafo José Caruncho e o xornalista Antonio López publican ‘A cela. Vivir na aldea dos bolos’. Un libro co que se inicia o selo Edicións Picós.

Roberto Pascual centra o seu comentario teatral da semana en ‘Medida x Medida’ a nova montaxe de Producións Teatrais Excéntricas.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Compostela celebra o Outono Códax Festival. No tempo da colaboración, escoitamos as últimas novidades en música tradicional con Emilio Españadero.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Comeza en Ferrol a cuarta edición de ‘Fóra do mapa’, o festival das artes escénicas contemporáneas. No Diario Cultural entrevistamos a súa coordinadora, Cristina Moreira.

Podcast do Diario Cultural das 10:30

Producións Teatrais Alakran estrea ‘Finisterrae, o último ultramarinos’. A compañía de Borja Insua leva á escena un texto de María Lado. Mestura teatro de actor/actriz con teatro de obxectos.

Armando Requeixo propónnos a lectura de dúas novelas de acción trepidante: Red Lion de María Alonso, que publica Galaxia, e A espada máxica de Mario Franco editada por Fervenza.

Podcast do Diario Cultural das 10:30

O regreso da ‘Biblia de Kennicott’. O manuscrito sefardí, obra cumio da ilustración medieval, creouse na Coruña en 1476 e formará parte da exposición ‘Galicia, un relato no mundo’. Comisariada por Manuel Gago, a mostra xuntará 350 pezas na Cidade da Cultura a partir do 14 de novembro.
A antoloxía ‘Fiz Vergara Vilariño. Non deixes que a tardiña me sorprenda’ centra o comentario de poesía de Alba Cid. 

Pin It on Pinterest