PodCast

Diario Cultural Onda Vital do día 20/10/2019

O lume e non as cinsas 2: Faia Díaz e o Dedín Dedín.
Laura Lamontagne e Pico Amperio en directo con Ondas do mar de Vigo e Vou pola costa vella. Unha revisión do repertorio medieval e das cantigas de transmisión oral.
Crónica, en notas de voz, da xira de presentación do novo disco de Agoraphobia polo Reino Unido. 

‘Déixate de ódegas’, a nenez rural de Xosé Manuel Vega

 

O xornalista da Televisión de Galicia Xosé Manuel Vega debuta na literatura con Déixate de ódegas (Aira Editorial), unha colección de relatos sobre a súa infancia nos Ancares.

 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Coñecemos as actividades relacionadas coa Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia, centradas na importancia dos espazos inclusivos e integradores para todas as persoas.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Mauro Trastoy inaugura a exposición ‘Sen Ser’ na galería Marisa Marimón de Ourense.

Podcast do Diario Cultural das 10:30

Volven The Homens, a banda de referencia do pop galego. Ofrecen o seu primeiro concerto de regreso no Grelo Folc de Monfero.

Colar de Bágoas, publicado por Kalandraka e O Acuario en Hércules edicións. A obra centra o comentario semanal de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena Presas.

Pin It on Pinterest