PodCast

Podcast do Diario Cultural das

25 de outubro, Día de Lorca en Galicia. A estrea de Parásitos con Begoña Vázquez

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Chega a Vigo o Galician Freaky Film Festival. Na colaboración de Carlos Portela falamos da obra Rulfo: unha vida gráfica.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

O profesor Manuel Quintáns publica o libro Roberto Vidal Bolaño. Unha poética teatral xenuinamente galega.

Podcast do Diario Cultural das 10:30

Nacho Carretero e Xosé Antonio Touriñán levan ‘Faiña’ aos escenarios galegos. Nova Dramaturxia en Galicia na colaboración de Roberto Pascual.

Podcast ‘Diario Cultual’ das 17:30

Publícase “Non deixes que a tardiña me soprenda”, unha antoloxía poética e escolma da obra de Fiz Vergara Vilariño . No tempo da colaboración, falamos de música tradicional con Emilio Españadero.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Unha viaxe arredor da obra poética de Ricardo Carballo Calero, autor que será homenaxeado nas Letras Galegas 2020.

Podcast do Diario Cultural das 10:30

Cinema para todas con subtitulados e autodescricións. Comeza a cuarta edición do Festival Internacional Inclusivo de Vigo que dirixe Gonzalo Suárez e que inaugura o filme ‘A nosotros tu reino’ un documental que retrata a vida logo dunha lesión medular do campión de kickboxing galego Simón González.

Armando Requeixo proponnos alternar a lectura de relato e novela. O libro de contos ao que nos convida titúlase Os jeans de María e é obra de Lois Alcayde Dans. A narración longa que nos presenta é Veleno en familia e asínaa Rocío Leira.

Podcast do Diario Cultural das 10:30

Novas investigacións sobre a nosa historia antiga. Conversamos con Martín Fernández Calo gañador do Premio Manuel Murguía de ensaio pola obra ‘Callaici principes. Os soberanos da Galiza castrexa’

A historia da ópera O barbeiro de Sevilla e tamén da entidade de Amigos da Ópera de Vigo na colaboración de Luis Miguel Crespo que nos achega ao que acontecerá este domingo no Teatro Afundación.

Pin It on Pinterest