PodCast

Teatro millennial en Ourense e un Hamlet executivo en Carballo

O FITO de Ourense péchase este domingo con ‘Generación Why’, un retrato das incertidumes dosmillennials, da Teatro en Vilo, compañía da que forma parte agalega Noemí Rodríguez.  A compañía portuguesa Chapitô leva ao FIOT de Carballo a súa ‘inadaptación’de Hamlet. Unha versión en clave de comedia negra na que as intrigas do reino de Dinamarca se convertenna corrupción e a loita polo poder no seo dunha multinacional do século XXI.

Dorothé Schubarth e Pablo Quintana, mestres da memoria

A musicóloga suíza Dorothé Schubarth chegou a Galicia en 1978 e recolleu durante cinco anos miles de cantigas populares. Compilounas e sistematizounas con criterios científicos no monumental ‘Cancioneiro popular galego’ Pablo Quintana, nado en Vilanova de Oscos (Asturias), é outro dos imprescindibles na transmisión da nosa música tradicional con traballos como Recolleita ou O cego andante. 

Podcast Diario Cultural das 10:30

Un tic nervioso pode arruinar o discurso de investidura do novo presidente da Xunta. “O Electo”, a nova montaxe de Contraproducións, que estrea hoxe no FIOT de Carballo. Cándido Pazó dirixe a obra coa que se inicia no teatro o actor Antonio Mourelos, protagonista xunto a Manu Baqueiro. 

Pin It on Pinterest