PodCast

Podcast do Diario Cultural das 10:30

‘Cándido e os demais’ e ‘Cara de velocidade’, publicados por Kalandraka, recoñecidos co 1º e 3º Premio Nacional aos mellores libros editados infantís e xuvenís. 
Na súa colaboración semanal dos xoves, a directora de Sala 5 Begoña Vázquez fala de “A trincheira infinita”. O filme de Jon Garaño e Aitor Arregi chega esta fin de semana aos cines.

Podcast do Diario Cultural das 10:30

Unha nova viaxe. Terbutalina presentan en concerto en Compostela ‘Espabila Gallego’ o novo disco da banda. Coñecémolo con Miguel Cernadas e Mon Núñez. Anímense ao baile!

Os programas regulares de adestramento profesional de danza contemporánea en Galicia centran a colaboración de Rut Balbís que nos fala de espazos coma Danza Alfaia en Compostela ou Laboratorio Escénico Coop na Coruña. 

Podcast do Diario Cultural das 10:30

Comeza o XVIII Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán. Organizado pola FEGATEA celébrase ata o 3 de novembro en Compostela. 
Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura de dúas novelas protagonizadas por mulleres na procura de si mesmas. Ambas loitan por descubrir o seu auténtico eu: Carrusel, de Berta Dávila, e O lado do que dormes, de María Canosa.

Pin It on Pinterest