PodCast

Podcast do Diario Cultural das 10:30

“Hai que escribir as óperas do futuro”
Entradas esgotadas en Compostela para a estrea da ópera galega ‘A amnesia de Clío’. Dirección artística de Marta Pazos, musical de Paul Daniel, libreto de Fernando Epelde e composicións de Fernando Buíde nesta produción de Voadora xunto á Real Filharmonía de Galicia e o Orfeón Terra a Nosa

Esta semana Armando Requeixo proponnos a lectura de dúas novelas inmisericordes. Son Ninguén dorme, de Rexina Vega, e mais Deserto García, de Jorge Emilio Bóveda.

Podcast Diario Cultural das 10:30

A supervivencia e o proxecto cultural dunha libraría especializada en poesía. Quico Valeiras fálanos do espazo Chán da Pólvora e da súa intensa programación de novembro. 

Un tesouro galego: as Bandas. O XIII Certame Galego de Bandas de Música Populares e o disco ‘El amor brujo’ que a Banda Artística de Merza edita co prestixioso selo europeo Baton Music na colaboración semanal de Luis Miguel Crespo. 

Un serán en Mondariz

Gaiteir@s Galeg@s organiza a segunda edición do ‘Serán desta aldea’, dedicado ó lugar de Cernadela.
Unha xornada lúdica dedicada ao baile comunal para compartir tradición e homenaxear a tocadoras como Aldina Carballido.

Harry Potter e V de Vendetta no Curtas de Vilagarcía

Este sábado é a xornada culminante do festival Curtas de cine e banda deseñada. Visitará Vilagarcía David Lloyd, o debuxante de ‘V de Vendetta’ e haberá varias actividades dedicadas ao universo de Harry Potter: proxeccións, xincana infantil e un concerto da orquestra Clásica de Vigo.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 17:30

Entrevistamos a Alberto Hortas, artista de efectos especiais de maquillaxe. No tempo da colaboración, achegámonos á nova edición de Cineuropa con Beli Martínez.

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Entrevistamos a Rosa Aneiros e falamos con ela sobre Xelís, o guieiro das botellas de mar. Comezamos unha viaxe ata a Illa de Otlic, espazo fantástico onde podemos descubrir os protagonistas deste libro. Unha obra coa que gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil e que chega estas semanas ás bibliotecas e librarías da man de Xerais. 

‘En reciclaxe as xeracións máis novas estannos a dar moitas clases a nós, o que é máis difícil é o tema do non consumo’, asegura a escritora na Radio Galega.

Pin It on Pinterest