PodCast

Podcast do Diario Cultural das 10:30

Manuel Núñez Singala publica ‘Atranco no banco’. Galaxia publica este novo enredo dramático do autor da popular obra ‘O achado do castro’.

Armando Requeixo convídanos a coñecer dúas novelas curtas traducidas á nosa lingua. Son O párroco de Vejlby, de Steen Steensen Blicher publicada en Hugin e Munin, e mais Os secuestradores de burros, de Gerald Durrell editada por Sushi Books.

Premios da Crítica 2019

A serie ‘Fariña’, o festival da poesía do Condado, a novelista Moncha Fuentes, a cociñeira Lucía Freitas ou a coreógrafa e bailarina Rut Balbís son algunhas das galardoadas cos premios da Crítica de Galicia. Os galardóns chegan á súa cuadraxésimo segunda edición e recoñecen traxectorias destacadas na creación literaria, a investigación,  a música, a gastronomía ou as artes escénicas, plásticas e audiovisuais.

Vinte anos do Projecto Miño de Baldo Martínez

Baldo Martínez leva ao festival de jazz de Lugo a nova vida de Projecto Miño. Jazz contemporáneo a partir do repertorio tradicional galego-portugués, interpretado por nove músicos, como a percusionista Lucía Martínez, o zanfonista Germán Díaz , o guitarrista Antonio Bravo ou o trompetista David Herrington. A formación deu o seu primeiro concerto en novembro de 1999 no festival de Guimarães e aproveita o vixésimo aniversario para empezar unha nova xeira á que se incorpora a cantante Mónica de Nut.

Pin It on Pinterest