PodCast

Celebramos o Día do Patrimonio

A Rede do Patrimonio Cultural une máis de trinta asociacións para celebrar o Día do Patrimonio Mundial e coñecemosas actividades que propoñen algunhas delas. En Baroña, a comunidade de montes organiza unha xornada de limpeza forestal e unha recollida de cantigas, receitas e xogos. e en Verín Apatrigal propón un paseo por edificios modernistas de principios do século XX. Quen queira aproveitar mellor as súas visitas á nosa arte rupestre, poderá botar man da guía de boas prácticas que presentahoxe o grupo de innovación docente en educación patrimonial da Universidade de Vigo.

Podcast do Diario Cultural das 10:30

Marcelo Dobode publica ‘Turoqua’. Un disco cheo de afectos que parte da tradición para soar a soul, funk ou jazz. Estréase en directo o domingo 17 no Teatro Principal de Pontevedra.

“O país do gran furado” de Xerardo Quintiá con ilustracións de Noemí López e publicado por Baía no comentario de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena Presas. Tamén nos ofrece a súa ollada sobre “Os secuestradores de burros” de Gerald Durrell traducido por Moisés Barcia para Sushi Books.

Pin It on Pinterest