PodCast

Podcast do Diario Cultural das 10:30

O día de Jonas Mekas en Cineuropa. O festival compostelán proxecta en 16mm dous filmes do cineasta e activista lituano falecido a comezos de 2019 en Nora Iorque. Unha das figuras máis influíntes no cinema de vangarda e experimental á que nos achegamos co especialista que presentará as sesións de Cineuropa. Falamos co director da revista Lumière Francisco Algarín Navarro.

O primeiro libro impreso en galego coñecido ata hoxe é de teatro.

Podcast do Diario Cultural das 10:30

A Semana de cine submarino de Vigo homenaxea ao documentalista e fotógrafo galego Jorge Candán. O teatro Afundación acolle as proxeccións desta 29 edición da semana entre o 20 e o 22 de novembro.

Armando Requeixo proponnos dúas novidades narrativas de signo diverso. A ollada ao pasado para dignificar a memoria de Seique, de Susana Sanches Arins, e a prospección sobre un futuro imaxinario de Aqueles momentos que perdemos, de Xavier Estévez.

Podcast do Diario Cultural das 10:30

A lusofonía unida a través da improvisación oral. Compostela e Baio acollen dende hoxe ata o mércores as actividades da Regueifesta, a festa da imporovisación galego-portuguesa. Achegámonos a ela co profesor Manolo Maseda. 

As poetas Erin Moure e Chus Pato na residencia de Tradución do Queen´s College da Universidade de Oxford e os traballos de Moure como tradutora. Nisto céntrase a colaboración de poesía con Alba Cid. 

Podcast Diario Cultural Onda Vital do día 17/11/2019

“Significa volver á equipa do meu corazón, un fogar que fomos construíndo pero non só entre os membros do grupo senón tamén co propio público”
Conversamos con Álex Charlon da súa volta a Ataque Escampe, da nova formación á que se suman tamén Cibrán Tenreiro e Julio Vilariño, dos novos proxectos da banda e da súa participación no Suns Europe, o festival de artes en linguas minorizadas que se celebra a finais de novembro en Udine.

Recital de Lorena Souto. A escritora do Páramo le textos de ‘Coleópteros’, fálanos de Aderyn, o seu proxecto co músico David Miranda e escolle para recomendarnos unha canción da portguesa Surma.

“The mask of masculinity / This is why you never see your father cry”Viva Idles! é a nova colaboración de Matías Tarrio sobre a banda de Bristol da que reivindica o seu directo, as súas boas cancións e o seu poetente discurso.

Nace un novo selo Lindisfarne. O músico coruñés Alberto Cernadas promove este paraugas no que abeirar músicas tradicionais con producións electrónicas e que lanzan co sinxelo ‘Sa madona’ da cantante mallorquina Clara Fiol. 
Amais, Cernadas pica no noso Venham mais cinco. As súas escollas son músicas de  Mercedes Peón, Xosé Lois Romero e Aliboria, Érik Marchannd con Fransy González; Das Kapital e Xoel López.

Narrativa en galego sobre a Primeira Guerra Mundial

O escritor Adolfo Caamaño fálanos de Matar o heroe (Galaxia), premio Vilar Ponte de novela,protagonizada por Charles Bonne-Mort, un ex combatente convertido en taxidermista na Güiana francesa.A Gran Guerra é tamén o tema de A batalla de Occidente, do francés Éric Vuillard, traducida ao galego porAntía Veres Gesto para a editorial Kalandraka, e sobre a que conversamos co editor Xosé Ballesteros.

Pablo López Orosa, reporteiro do afastado e do próximo

Recordamos o xornalista e escritor Pablo López Orosa tralo seu pasamento aos 34 anos. Como reporteiro, Pablo López Orosa realizou reportaxes desde Centroamérica, Oriente Próximo, África ou o sudeste asiático,poñendo o foco nas vidas das persoas máis esquecidas. Tamén buscou as historias no máis próximo, como demostrou na súa novela Fálame do silencio, publicada en 2018 por Edicións Xerais. 

Pin It on Pinterest