PodCast

Marful volve por un día

Marful regresan para un único concerto, o sábado 30 de novembro enCulturgal. Nesta derradeira actuaciónparticipará a cantante Sabela Ramil, que no seu paso polo programa’Operación Triunfo’ interpretou unha cancióndeste grupo que marcou unha época na música galega. Conversamos con UgiaPedreira e Pedro Pascual duranteun dos ensaios nos que Marful preparan este retorno por un día.

Podcast do Diario Cultural das 10:30

2800 anos da nosa historia resumidos en ’40 datas que fizeram a história da Galiza’. Unha obra colectiva de Através editora coordinada polo profesor Carlos Velasco que se presenta hoxe en Pontevedra.

Lectura de ‘Xelís, o guieiro das botellas de mar’ de Rosa Aneiros e ‘ Os corpos invisibles’ de Enma Pedreira. A nosa especialista en literatura infanto-xuvenil, Montse Pena Presas, sitúa os dous libros coma os mellores premios Merlín e Jules Verne dos últimos anos. 

Pin It on Pinterest