PodCast

Podcast do Diario Cultural das 10:30

Boreal Edicións presenta na Real Academia Galega o volume ‘Rosalía de Castro: obra poética e manuscritos’. Unha publicación artesanal de máis de 600 páxinas da que falamos co editor Manuel Mariño e coa autora das ilustracións Gosia Trebacz.

Esta semana Armando Requeixo convídanos á lectura de dúas novelas. Formigas nos pés, de Nazaret López, e mais A casa xunto ao volcán, de Xosé Ricardo Losada.

Podcast do Diario Cultural das 10:30

Propostas escénicas para todos os públicos no Día internacional para a eliminación da Violencia contra as mulleres. Coas reflexións de Teatro Ghazafellos, Elefante Elegante e Paula Carballeira.

A obra ‘Onde nacen as hedras’ coa que Ana Varela gañou o Premio Gonzalo López Abente. Publicada por Xerais, centra o comentario de poesía con Alba Cid.

Diario Cultural Onda Vital do día 24/11/2019

Os pregoreiros da Habana. 
Faia Díaz lévanos á capital de Cuba a través dos sons da cidade e das voces do comercio nas rúas nunha nova entrega da serie ‘O lume e non as cinsas’.

‘The sommerhouse tapes’: as novas composicións para piano dos galegos Biba Dupont.
Helga Blanco e Xalo Gayoso publican ‘The sommerhouse tapes’ un novo disco de composicións para piano baixo o nome de Biba Dupont. Melodías delicadas coas que Helga Blanco nos fala de Erik Satie, un tren de Venecia a Zabreb, unha botella de amareto, ou da cor Índigo.

A artista Mar Catarina lévanos de viaxe ata o rural lituano á procura da aldea natal do cineasta e activista Jonas Mekas.

Cancións coma cartas. Unha nova entrega da sección ‘Fan Fan’ con Cibran Tenreiro.
Cancións dedicadas de Bob Dylan a Woody Guthrie, de David Bowie a Bob Dylan, de Cecilia a The Beatles ou dos galegos Marrones Burócratas a J Mascis de Dinosaur Jr.

Homes do século XXI

Jesús García Marín publica na editorial Galaxia un ensaio divulgativo sobre as novas masculinidades, facendo fincapé no papel dos pais e outros referentes masculinos na educación dos nenos. Papá, por que non pintas as unllas de cores. Educando (construíndo) masculinidades disidentes inclúe referencias a videoxogos e literatura infantil que rompen cos roles masculinos tradicionais.

Xesús Fraga, premio Blanco Amor de novela

O xornalista e escritor Xesús Fraga acaba de gañar o premio Blanco Amor de novelacon Virtudes (e misterios), unha obra sobre a emigración e o retorno. Fraga, nado en Londres,conta a historia da súa propia familia, marcada nas últimas xeracións pola emigración a América e a Europa. A novela publicarase na editorial Galaxia a próxima primavera.

Pin It on Pinterest