PodCast

Podcast do Diario Cultural das 10:30

O Fanzine Fest xunta máis de 20 artistas na Coruña. A electrónica de vangarda no centro do festival que se celebra no Planetarium, a Fundación Luis Seoane, o Teatro Colón ou a sala O Túnel entre o 5 e o 7 de decembro. No cartel The Horrorist, Levon Vicent, Galaxian ou Fasenuova.

A novela curta ‘B.S.O’ de Pablo Nogueira publicada por Fervenza e o epistolario ‘Fosforescencias’ de Lupe Gómez en Alvarellos. Centran a colaboración semanal de Armando Requeixo. 

Podcast ‘Diario Cultural’ das 14:45

Conversamos con Óliver Laxe despois das 4 nominacións de O que arde nos Premios Goya:

Mellor filme, Mellor director (Óliver Laxe), Mellor fotografía (Mauro Herce) e Mellor actriz revelación (Benedicta Sánchez)

Podcast do Diario Cultural das 10:30

A que cheiran as cores? Galaxia publica unha guía para coñecer o cerebro do neurocientífico Juan Casto Rivadulla. Unha obra da colección Lanterna de Aristóteles que coordina Luísa Martínez, responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia. 

A estrea da ópera galega ‘O loro de Carlos V’ no centro da colaboración de Luis Miguel Crespo. O Teatro Colón e a compañía Favola in Musica producen esta ópera que se estrea o 5 de decembro. Conta con música e  libreto de Nani García que tamén nos acompaña na conversa.

Galego en Londres, premio da Cultura Galega de proxección exterior

Galego en Londres, premio da Cultura Galega de proxección exterior

Martín de Padrozelos, o noso primeiro trobador

A Quenlla publica novo disco, Trobador no camiño, que musica as dez cantigas de Martín de Padrozelos, trobador dos séculos XI e XII. O traballo preséntase este sábado en Sarria, no marco da xornada “Andares pola lírica de Martín de Padrozelos”, na que se proxectará un documental de Xoán Piñeiro e se escoitará a varios investigadores da nosa literatura medieval.

Pin It on Pinterest