PodCast

O Diario Cultural desprázase a Padrón para estar no 30 aniversario do Premio Nobel de Literatura a Camilo José Cela

O Diario Cultural desprázase a Padrón para estar no 30 aniversario do Premio Nobel de Literatura a Camilo José Cela. 

A entrevista da coordinadora de Cultura 365, María Solar, ao fillo do escritor; un faladoiro con expertos sobre a figura de Cela e unha conversa co ex director da Real Academia Española Darío Villanueva. Iso e máis, neste especial do Diario Cultural. 

‘Porca Terra’, de John Berger, de novo en galego

Contos, poemas e reflexións históricas sobre a vida campesiña. Alento Editora publica
unha nova tradución de Xoán Abeleira deste clásico de John Berger.

A despedida de Nao

Nao despídense cun gran concerto este sábado no recinto feiral de Amio. A banda estradense de rock e metal pecha así catorce anos de música combativa cun gran respaldo de público. O concerto abrirase coas actuacións de Som da Rúa, Rebeliom do Inframundo, SonDaRúa e os vascos Odolaren Mintzoa. Entre os convidados que participarán neste derradeiro concerto de Nao estarán Mini e Navia Rivas, Sabela Ramil, Vituco Neira ou Tanxugueiras.

Pin It on Pinterest